Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Rueda asiste no Pino á apertura do primeiro curso escolar gratuíto na educación infantil

Novas

05/09/2022
5 Set

O presidente da Xunta resalta que Galicia é a única comunidade de España na que a educación infantil de 0 a 3 anos é totalmente gratuíta para todas as familias //

Destaca que a Xunta investirá 50 M€ por curso en sufragar esta gratuidade que permitirá aforros anuais de entre 1.500 e 2.000 € ás familias // ç

Manuel Taboada agradécelle a Alfonso Rueda que elixira O Pino para inaugurar esta nova etapa educativa //

A Galiña Azul do Pino contará este curso con 35 nenos e nenas, dos que 10 son novo alumnado

 

Alfonso Rueda inaugura no Pino o curso escolar 2022-2023 nas escolas infantís O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a escola infantil do Pino para inaugurar o curso escolar, o primeiro no que a educación de 0 a 3 anos é totalmente gratuíta para todas as familias. Rueda salientou a aposta da Xunta pola conciliación ao implantar desde este curso a gratuidade nas escolas infantís da Comunidade, unha medida da que se beneficiarán 30.000 familias sen ter que realizar ningún trámite.  “A conciliación hai que facilitala con medidas reais como esta. É unha medida pioneira en toda España”, sinalou, ao tempo que agradeceu o traballo diario que realizan os miles de docentes que traballan nestes centros.

Rueda estivo acompañado na súa visita á escola infantil do Pino pola conselleira de Política Social, Fabiola García; polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; e polo alcalde do Pino. Manuel Taboada agradeceulle ao presidente que elixira O Pino para inaugurar un curso escolar histórico. A escola infantil pertence á rede Galiña Azul e conta neste curso 2022-2023 con 35 nenos e nenas inscritos, dos que 10 son de nova incorporación.

Alfonso Rueda inaugura no Pino o curso escolar 2022-2023 nas escolas infantísAlfonso Rueda resaltou que a Xunta vai investir máis de 50 millóns de euros por curso para aplicar a gratuidade xeneralizada nas escolas infantís —xa sexan públicas, privadas ou de iniciativa social— da comunidade galega. O obxectivo é fomentar a conciliación, facilitar que calquera neno poida acceder a este servizo —con independencia da situación económica da súa familia— e contribuír a aliviar as economías domésticas ao implicar un aforro medio de entre 1.500 e 2.000 € anuais para as familias. “É unha medida que supón un investimento moi importante para que miles de familias aforren unha cantidade importante que dedicar a outras necesidades”, sinalou.

O presidente da Xunta resaltou que Galicia é un referente absoluto en conciliación e educación infantil en España. De feito, o Goberno galego xa leva dado pasos pioneiros nesta materia nos últimos anos. A Xunta duplicou desde 2009 as prazas de educación infantil; abriu 95 casas niño para que os nenos do rural teñan acceso á educación infantil gratuíta; habilitou apoios para as familias como o Bono Coidado —para que máis dun milleiro de fogares contraten un servizo extraordinario de conciliación— ou a Tarxeta Benvida, da que se levan beneficiado unhas 78.000 familias.

Por último, Rueda destacou o compromiso do Goberno galego con todas as familias. “A gratuidade nas escolas infantís é unha medida que se engloba na obriga que temos as administracións de coidar das persoas desde o berce ata o bastón, é dicir, desde o seu nacemento ata as idades máis avanzadas nas que volven precisar dun especial coidado por parte da Administración”, destacou o presidente autonómico.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino presumirá de gastronomía local o mércores día 7 coa celebración do evento ‘saborEarte’
O Pino gozou do mellor da súa gastronomía no evento ‘SaboreArte’ »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés