O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Representantes da provincia arxentina de Córdoba interésanse no Pino pola influencia do Camiño no territorio

Representantes da provincia arxentina de Córdoba interésanse no Pino pola influencia do Camiño no territorio

Novas

09-06-2022
9 Xuñ

O alcalde Manuel Taboada pon de relevo a Ruta como a “maior industria cultural e de impacto social” do municipio // 

O director da S.A. de Xestión do Xacobeo Ildefonso de la Campa acompaña a delegación arxentina na súa visita // 

Pola esquerda, David Urreta, Jorge Luciano Montoya, Manuel Taboada e Ildefonso de la Campa

Jorge Luciano Montoya e David Urreta, responsables do departamento de Integración Rexional da provincia de Córdoba (Arxentina), visitaron esta mañá o Concello de O Pino para coñecer máis de preto as medidas de desenvolvemento, organización e promoción do Camiño de Santiago. O alcalde, Manuel Taboada, recibiunos na casa consistorial, e puxo de manifesto a importancia do Camiño como “a maior industria cultural e de impacto social tanto deste coma doutros concellos”. O director da S. A. de Xestión do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, acompañou á delegación na súa visita.

Montoya e Urreta, impulsores dun proxecto de peregrinación ao santuario do cura Brochero en Córdoba, amosaron particular interese na xestión do Camiño no municipio, que conta co tramo máis longo da peregrinación en Galicia. Ao longo desta visita institucional, o alcalde explicou que esta Ruta “é unha rede moi delicada. Moitas poboacións pequenas se benefician do Camiño e debe ser prioritario traballar para potencialo. Neste eido formamos parte da Mancomunidade galega do Camiño Francés, que nos axuda a ter unha vía de comunicación sempre aberta cos nosos veciños”. Para Taboada é clave a coordinación entre concellos para manter o mecanismo en perfecto funcionamento.

Os representantes arxentinos apreciaron os consellos e bos desexos do alcalde, iniciando deste xeito unha estreita relación de colaboración. Ao remate da reunión os representantes intercambiaron agasallos, recibindo Montoya e Urreta unha estatuíña de peregrino e outorgando un presente similar ao primeiro edil.

Manuel Taboada recalcou a importancia do intercambio de experiencias neste tipo de xuntanzas. “Que un concello pequeno como o noso chame a atención internacional apunta a unha proxección moi ampla”, engadiu.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A veciñanza de Lardeiros enche o local social na primeira charla sobre seguridade para persoas maiores
O Pino abre a piscina municipal de Lameiro o venres 1 de xullo »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego