O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Programa integrado de emprego ‘Empregat 2.0’

Programa integrado de emprego ‘Empregat 2.0’

Novas

10-12-2014
10 Dec

O concello de O Pino conxuntamente cos concellos de Boqueixón, Vedra e Frades, dende o mes de outubro están levando a cabo o Programa Integrado de Emprego denominado “Empregat 2.0” cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Este proxecto que está dirixido a incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas dos concellos participantes, combina accións de diversa natureza, tales como información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, rematará o 31 de xullo de 2015. Nel participan un total de 60 persoas desempregadas dos catro concellos, das que a metade son persoas perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego.

O compromiso adquirido polos concellos é a inserción  laboral de polo menos o 40% dos 60 desempregados/as partipantes no programa, ben mediante a contratación por conta allea ou iniciando unha actividade por conta propia ou formando parte como socios traballadores ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral.

 

Dende que comezou o programa, os alumnos/as recibiron formación de Alfabetización Dixital, Hixiene Alimentaria para manipuladores de alimentos, Prevención de Riscos Laborais, Operador de Aparatos Elevadores e manexo da Plataforma Virtual de formación “Empregat 2.0” pola que o alumno/a pode navegar durante toda a duración do proxecto, co fin de mellorar as capacidades curriculares e incrementar a súa incorporación ao mercado laboral.

Actualmente estanse a deseñar novas accións formativas, entre elas, a de Atención, Orientación e Servizo  ao Cliente que se impartirá nos vindeiros días.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Taller de xabóns artesanais
Nadal benéfico »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego