O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Pino Aventura xuntou 15 equipos nun xogo de orientación, exercicio e agudeza mental

Pino Aventura xuntou 15 equipos nun xogo de orientación, exercicio e agudeza mental

Novas

21-05-2022
21 Mai

As persoas participantes tiveron que buscar pistas, balizas e superar diferentes probas nun máximo de dúas horas e media  ||  

Orientados cun mapa tiveron que buscar as localizacións no casco urbano de Arca e nas inmediacións do Camiño de Santiago  ||  

O Concello organizou a actividade  en colaboración con Territorio Comanche  ||  

Máis de medio cento de persoas distribuídas en quince equipos, participaron esta maña en Pino Aventura un xogo de orientación, traballo en equipo, exercicio físico e agudeza mental, que consiste en superar unha serie de probas distribuídas polo casco urbano de Arca e as inmediacións do Camiño de Santiago.

A actividade consistía en sumar puntos superando diferentes probas e localizando as balizas distribuídas en diferentes puntos pola organización. Tras recibir as indicacións básicas do xogo, cada equipo elixiu a súa propia estratexia para convertese no gañador. Cada un comezou buscando as balizas que viñan reflectidas no mapa que recibiron da organización. A medida que localizaban as balizas sumaban puntos, e, noutros lugares, tiñan que superar diferentes probas.

A proba de puntería no lanzamento de aros foi unha das máis solicitadas nada máis comezar a competición. A metade dos equipos desprazáronse ata as inmediacións da piscina municipal de Lameiro para probar a súa puntería. A outra das probas dirixidas realizouse na praza de Forcarei (onde empezou e rematou Pino Aventura). Tratábase dunha proba de equilibrio na que os participantes tiñan que manter tacos sobre unha plancha de madeira que debían soster tirando de catro cordas.

Organizado pola Concellaría de Cultura en colaboración con Territorio Comanche, algúns dos participantes percorreron ata seis quilómetros entre os diferentes puntos sinalizados no mapa. Algúns facían os desprazamentos correndo mentres que outros, sobre todo nos equipos nos que había nenos, preferiron ir andando.

As clasificacións de Pino Aventura poderán consultarse a partir de maña domingo na web do Concello do Pino.





Pino Aventura

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino organiza charlas nas parroquias coa Garda Civil con consellos de seguridade para maiores
Juan Álvarez e Zelinda Spencer foron os gañadores da carreira popular Os 8000 do Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés