O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Paralizados os prazos de renovación da Risga, do paro e das pensións non contributivas

Paralizados os prazos de renovación da Risga, do paro e das pensións non contributivas

Novas

16-03-2020
16 Mar
  • Constituída a Comisión municipal de seguimento do Covid-19 para avaliar a evolución da pandemia. | 

  • Mantense o servizo de axuda no fogar, o de xantar na casa entre as familias que os estaban recibindo. |  

  • O teléfono do concello 981 511 002 seguirá atendendo as chamadas da veciñanza, á que se lle pide precaución ante visitas de persoas descoñecidas. | 

Diferentes organismos da Xunta de Galicia acaban de establecer diferentes medidas para paralizar os prazos de presentación ou renovación de solicitudes debido á situación de alerta provocada pola pandemia do coronavirus Covid-19. Así, non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril, o dereito a cobrar a prestación por desemprego queda garantido sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalo (ver medidas neste enlace). Tamén se paralizan os prazos tanto da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) como o das pensións non contributivas (PNC). Por outra banda, no Concello de O Pino quedou constituída esta mañá a Comisión municipal de seguimento da evolución do Covid-19, para seguir a evolución da pandemia e coordinarse coa Xunta de Galicia.

Dende o Concello de O Pino recórdase a toda a veciñanza que se manteñen operativos os Servizos de Axuda no Fogar (SAF) e tamén o de Xantar na Casa, que atendían as persoas máis vulnerables do municipio. Estes servizos prestaranse seguindo o protocolo conxunto da Consellería de Política Social e da Consellería de Sanidade para os centros de servizos sociais como consecuencia da pandemia, e que tamén inclúe estes servizos, tanto o SAF como o de Xantar na Casa (o protocolo pódese ler íntegro neste enlace).

Dende o Concello pídese á veciñanza que teña precaución ante a posible aparición de persoas descoñecidas que ofrezan a distribución gratuíta de alimentos ou medicinas. Advírtese que no municipio do Pino ningunha administración está a ofrecer este servizo polas casas e recoméndase que, en casos de sospeita de que se poida estar cometendo algunha ilegalidade ou pretendan outros fins diferentes aos que ofrecen, chamen ao teléfono 062, da Garda Civil.

Aínda que dende o Departamento de Servizos Sociais municipal estase en contacto coas persoas máis vulnerables, recórdase que toda a veciñanza ten á súa disposición o teléfono do Concello de O Pino (981 511 002), no que se pode solicitar axuda en caso de considerarse necesario. Estas peticións derivaranse a Servizos Sociais para que adopte as medidas oportunas.

Comisión municipal de seguimento

A Comisión municipal de seguimento da evolución do Covid-19 no Concello de O Pino quedou constituída esta mañá. Está integrada polo alcalde, a secretaria do concello, o tenente de alcalde, a conselleira de Servizos Sociais, a traballadora social e a xefa dos servizos administrativos municipais. Esta comisión analizará a evolución da pandemia no municipio de O Pino e estará en constante coordinación tanto coa Xunta de Galicia como coa Fegamp.

Entre as medidas adoptadas polo Concello, ademais de suspender todas as actividades deportivas e culturais e o peche das instalacións municipais, está a de establecer que as oficinas do Concello permanecerán abertas de 09.00 a 14.00 horas con servizos mínimos. Recoméndase á veciñanza que, na medida do posible, faga todos os trámites necesarios por vía telemática, a través da sede electrónica do concello (sede.opino.gal) ou telefónica, no 981 511 002. Só se atenderá presencialmente a aquelas persoas que teñan que facer trámites urxentes. Dende o Concello apélase á responsabilidade da veciñanza para non colapsar a liña telefónica municipal e que poida estar dispoñible para casos de emerxencia.

Seguindo as indicacións das autoridades sanitarias (ver neste enlace), o Concello de O Pino solicítalle a todos os veciños e veciñas que permanezan #NaCasa e sigan os consellos para tentar previr a evolución desta pandemia. Para solicitar información xeral sobre o novo coronavirus, a Xunta de Galicia pon a disposición da poboación o teléfono gratuíto 900 400 116. Así mesmo, neste enlace pódese consultar toda a información que están a ofrecer as autoridades sanitarias de forma actualizada.

O Sergas informa de posibles aprazamentos de citas

Así mesmo, dende o Servizo Galego de Saúde infórmase da posibilidade de suspensión ou aprazamento da actividade cirúrxica programada, as consultas externas non urxentes e os programas de cribado poboacionais. Neste senso, dende o Sergas informan que, de ser necesario, se procederá a contactar de forma individualizada polo que non se debe chamar aos servizos correspondentes. Se non recibe ningún aviso, a súa cita mantense.

Pode consultar a información completa na Instrucción 6/2020 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde sobre a reordenación asistencial motivada pola situación actual do novo coronavirus en Galicia (preme neste enlace).

Na seguinte Imaxe podes consultar as recomendacións da Xunta sobre como actuar fronte ao coronavirus.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino cancela actividades, atenderá por teléfono no concello e mantén o Servizo de Axuda no Fogar e o de Xantar na Casa
Comezan no Pino os traballos de desinfección das zonas máis concorridas da capital municipal »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés