Oitenta corredores participaron este domingo na proba de 70 km ||
Pablo Rodríguez e José María Tajes foron os primeiros nas categorías Máster 40 e Máster 50, respectivamente ||
O gañadores de onte en Pedrouzo tamén se impuxeron na Challenge Cidade de Santiago ||
Por equipos os mellores foron o Xesteiras, na proba do Pino, e o Lasal Cocinas na clasificación xeral ||
Pablo Brandariz, do Club Montaña Xesteiras, foi o gañador absoluto do VIII Trofeo de Ciclismo Concello de O Pino que se disputou este domingo 12 maio sobre un circuíto de 69,2 quilómetros para ciclistas maiores de 30 anos. O Trofeo do Pino marcou tamén os gañadores dos podios na clasificación xeral da Challenge Cidade de Santiago con Pablo Brandariz, Pablo Rodríguez e José María Tajes lídenes nas categorías de Máster 30, 40 e 50, respectivamente. Os concelleiros Borja Castro, Eva Varela e José Fuentes entregaron os premios.
Na clasificación por equipos, o Trofeo de Ciclismo Concello de O Pino foi para o Club de Montaña Xesteiras, mentres que o Lasal Cocinas foi o vencedor na Challengue, unha competición organizada polo C.C. Cidade de Santiago que, nesta ocasión, contou con dúas probas, a disputada o sábado en Ordes e a do Pino celebrada este domingo.
Ademais de Pablo Brandariz, ao podio da categoría Máster 30 do VIII Trofeo de Ciclismo Concello de O Pino tamén subiron Pablo Fernández (do CC Cidade de Santiago) e Pablo García (Astorga C.D.C.).
Na categoría Máster 40 os gañadores no Pino foron, por esta orde, Pablo Rodríguez (Guía Color), José Ignacio Méndez (Aerodynamics Academy) e Alberto Manuel Túñez (C.M. Xesteiras). Nos maiores de 50 anos impúxose José María Tajes (Norinver C.T.), seguido de Rubén Rodríguez (Aerodynamics) e Servando Fernández (Guía Color).
O premio especial de Metas Voantes foi para Miguel Ángel Colunga (Lasal).
Polo que respecta a clasificación da Challenge Cidade de Santiago, a clasificación xeral nas diferentes categorías quedou do seguinte xeito:
Máster 30: Pablo Brandariz, Aquiles Sordo e Diego Collazo.
Máster 40: Pablo Rodríguez, José Ignacio Méndez e Mikel Núñez.
Mástere 50: José María Tajes, Rubén Rodríguez e Servando Fernández.
Premio metas voantes: Iván Villar
Mellor equipo: Lasal Cocinas.