Os propietarios deben acudir no horario que se lles indica coa fin de evitar aglomeracións ||
Poderá recoller o título tanto o dono como unha persoa autorizada ||
Os que non se entreguen, quedarán a disposición dos interesados dende o día 8 nos Servizos de Infraestruturas Agrarias na Coruña ||
Os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Monte de Santa María de Budiño entregaranse os vindeiros luns, martes e mércores (5, 6 e 7 de abril), segundo informou ao Concello o Servizo de Infaestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural da Coruña.
A entrega farase no local social de Budiño. Coa fin de evitar aglomeracións, os donos deberán acudir nos horarios indicados a continuación:
Luns, día 5.
De 10:00 a 11:00 horas. Propietarios de Carolliño.
De 11:00 a 12:00 horas. Propietarios de Parañoa.
De 12:00 a 13:00 horas. Propietarios de Quintás e San Migueliño.
Martes, día 6.
De 10:00 a 11:00 horas. Propietarios de O Cruceiro, Fixo e A Fontaíña.
De 11:00 a 12:00. Propietarios de Pazos de Abaixo e Regodauga.
De 12:00 a 13:00. Proietarios de Porta de Roxos e A Voutureira.
Mércores, día 7.
De 10:00 a 11:00 horas. Propietarios de O Campo.
De 11:00 a 12:00 horas. Propietarios de Pazos de Arriba.
De 12:00 a 13:00. Propietarios de Sar, O Couto e As Cancelas.
Poderán recoller os títulos tanto os propietarios como calquera outra persoa que acuda na súa representación e que debe levar o seu DNI e unha autorización do propietario. O modelo pódese descargar no arquivo adxunto:
Autorización para retirar o título de propiedade da parcelaria de Budiño
Lembramos que para ir buscar os títulos deben respectarse as medidas de prevención, polo que se medirá a temperatura de todos os asistentes antes de acceder ao interior do local, será obrigatorio o uso de máscaras e deberá gardarse unha distancia entre persoas de alomenos un metro e medio.
Os títulos de propiedade que non se recollan nestes días quedarán a disposición das persoas interesadas no Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural dende o día 8. A dirección é a seguinte: Edificio administrativo de Monelos. Rúa Vicente Ferrer, número 2, 6º andar, da Coruña.