Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Os Reis Magos reparten ilusión polas parroquias do Pino, onde os agardan centos de menores

Cultura· Novas

05/01/2026
5 Xan

Os Reis Magos no pavillón de ReboredoMelchor, Gaspar e Baltasar chegaron as sete da tarde ao polideportivo de Reboredo, en Arca, onde os agardaban centos de nenos e nenas dispostos a entregarlles a súas cartas e facerlles as últimas peticións antes da noite máis máxica do ano.

Dende primeira hora, a comitiva real percorreu todas as parroquias do municipio, falando coa cativada e coas persoas maiores que tamén se achegaron a saúdar a Melchor, Gaspar e Baltasar. O percorrido comezou no campo da festa de Pereira, e continuou despois por Santiso, Budiño, O Pino, Gonzar, Medín, Pastor e Lardeiros. Tola tarde, os Magos de Oriente visitaron San Breixo, San Mamede, San Miguel de Cerceda e Cebreiro.

A partir das sete e media, Melchor, Gaspar e Baltasar volveron recibir no polideportivo de Arca a moitos nenos e nenas, nunha festa na que participaron centos de persoas. Ao rematar, houbo chocolate, churros e rosca de reis para todos. Dende media tarde, a cativada puido gozar cos inchables e os xogos que se montaron no polideportivo.

Entrega de premios do concurso de postais de Nadal

Entrega de Premios do Concurso de Postais

Antes da chegada das Súas Maxestades, entregáronse os premios aos gañadores dos concurso de postais de Nadal e de Decoracións do Nadal. O alcalde, Manuel Taboada Vigo, e a concelleira Eva Varela, entregaron os galardóns.

Os gañadores no concurso de postais foron Uxía Souto Martínez, alumna de 6º de Educación Primaria do CPI Camiño de Santiago. O seu debuxo foi seleccionado como a  postal institucional coa que o Concello felicitou este ano o Nadal a toda a veciñanza. No resto de categorías resultaron premiados a aula de 5º de Infantil do CPI Camiño de Santiago; Noa Caneda Barreiro, de 2º curso de Primaria; Lara Rodeiro Barreiro, de 4º de Primaria, e Carla Suárez Furelos, alumna de 2º da ESO.

Manuel Taboada e Eva Varela entregaron tamén os premios do I Concurso de Decoracións do Nadal, consistentes en 350, 250 e 150 euros para os tres primeiros tanto na categoría familiar como na colectiva. O xurado seleccionou como gañadores na categoría individual as decoracións de Javier Rey Botana como gañadora, e as de María Dalia Pérez Iglesias e Cristina Oubel Iribarnegaray como segunda e terceira, respectivamente. Na categoría colectiva os gañadores foron a ANPA da escola infantil A Galiña Azul (1º premio), a perruquería Sandra Vázquez (2º), de Santiso, Castrofeito) e a zapatería Zocos, de Arca (3º)

Festival Sons de Reis

A xornada festiva rematou co festival Sons de Reis, no que os DJ Toni Salvaje, Compota, DavidExpósito e o grupo Nueva Fuerza animaron o ambiente ata a madrugada.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Festival Sons de Reis pechará a visita dos Reis Magos ao Concello do Pino este luns, 5 de xaneiro
Concilia Entroido 2026: Formulario de inscrición e bases »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés