Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Os propietarios da parcelaria de Gonzar poden solicitar as novas fincas a partir do día 29 de abril

Novas

17/04/2024
17 Abr

A elaboración da enquisa de acordo farase no local social, por datas e horario segundo as aldeas  ||  

O 16 de xuño remata o prazo para solicitar os cambios de titularidade das propiedades actuais  ||  

Hai dous meses para actualizar as construcións feitas, aportando a licenza municipal e o levantamento topográfico  ||  

A veciñanza foi informada nunha reunión celebrada na casa da cultura á que asistiron o alcalde, a xefa do Servizo de Estruturas Agrarias e técnicos da empresa que elabora os traballos  ||  

 

A concentración parcelaria de Gonzar II inicia unha nova fase nesta parroquia do Pino. Os propietarios de terreos poderán manifestar a partir do día 29 de abril que parcelas lles gustaría recibir. A elaboración da enquisa de acordo (como se chama este proceso) vaise desenvolver no local social de Gonzar dende o día 29 ata o 16 de maio, citando a veciñanza segundo a aldea na que residen. Ata o 16 de xuño poderá solicitarse tamén o cambio de titularidade das parcelas e actualizar os datos das construcións existentes.

Nunha reunión celebrada na casa de cultura de Arca, a xefa do Servizo de Estruturas Agracias da Consellería do Medio Rural informou á veciñanza dos pasos a seguir, e avanzou como estaba o proceso desta parcelaria. Unhas oitenta persoas asistiron a esta xuntanza, na que tamén estivo presente o alcalde, Manuel Taboada Vigo.

Os planos desta concentración parcelaria pódense consultar no local social de Gonzar.

Enquisa de acordo

O luns 29 de abril, técnicos da empresa Esproagro Ingeniería desprazaranse ata o local social de Gonzar para comezar cos traballos de elaboración da enquisa de acordo, na que os propietarios de terreos poderán solicitar as parcelas que lles gustaría recibir cando remate o proceso.

A reunión cos propietarios farase en diferentes datas, segundo a aldea na que residan, con seguinte calendario.

  • Rabal de Arriba e Rabal de Abaixo: 29 de abril (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h) e 30 de abril (10.00-14.30 h)
  • Lameiro,Castriños e Cabanelas: 2 de maio (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h) e 3 de maio (10.00-14.30 h)
  • Vilar e Bugalleira: 6 de maio (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h) e 7 de maio (10.00-14.30 h)
  • Gonzar e San Andrés: 8 de maio (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h) e 9 de maio (10.00-14.30 h)
  • Pumar, Amarelle e San Gregorio: 10 de maio (10.00-14.30 h) e 13 de maio (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h)
  • Non residentes na parroquia: 14 e 15 e maio (10.00-14.00 e 15.30-18.00 h) e 16 de maio (10.00-14.30 h)

Cambio de titularidade ata o 16 de xuño

Por outra banda, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural estableceu o 16 de xuño como data límite para solicitar cambios de titularidade das parcelas base (as actuais fincas).

A partir desa data, e ata o momento que remate a parcelaria, tan so se admitiran as solicitudes de cambio de titularidade das parcelas actuais sempre que o cambio afecte á totalidade das parcelas achegadas por unha persoa titular e a transmisión se faga integramente a outra.

En todo caso, segundo informa a Xunta, a persoa que adquira e reciba ditas parcelas quedará subrogada na posición do titular anterior, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.

Actualización das construcións ata o 16 de xuño

Así mesmo, os propietarios teñen dous meses de prazo para solicitar a actualización dos elementos construtivos nos planos da parcelaria de Gonzar. Este prazo comeza o 17 de abril e remata o 16 de xuño de 2024.

Ademais da solicitude, os propietarios deberán presentar a correspondente licenza municipal e o levantamento topográfico do perímetro da construción en formato dixital.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As comisións de festas xa poden solicitar as axudas do Concello para facer as festas patronais
A Xunta e o Concello do Pino unen forzas para mellorar a accesibilidade na contorna da capela da Magdalena »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego