O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Os ‘Porcos bravos’ e as ‘Ninjas exploradoras’ impóñense na segunda edición do Pino Aventura celebrada na Tarroeira

Os ‘Porcos bravos’ e as ‘Ninjas exploradoras’ impóñense na segunda edición do Pino Aventura celebrada na Tarroeira

Cultura· Novas

22-05-2023
22 Mai

Foto de grupo dos participantes na segunda edición do Pino Aventura

O equipo dos Porcos bravos, gañador na categoría de Exploradores piñeirosO equipo Porcos bravos, na categoría de Explorador@s piñeir@s, e as Ninjas exploradoras, na de Pequen@s piñeir@s, proclamáronse vencedores da segunda edición do Pino Aventura, celebrada o sábado 20 de maio na contorna da área recreativa da Tarroeira. Na proba participaron máis de 30 persoas, distribuídas nun total de dez equipos.

O Pino Aventura é un xogo de orientación e estratexia que combina exercicio ao aire libre con habilidades e agudeza mental. A finalidade do mesmo é divertirse ao tempo que se coñece mellor o territorio do municipio.

Entre os participantes había familias e grupos de amigos cunha característica común: o desexo de pasalo ben. Orientándose cun mapa, debían localizar o maior número posible do total de 18 balizas ocultas e superar con éxito as probas que nelas había. Para iso contaban cun tempo total de dúas horas e media.

O equipo das Ninjas exploradoras, vencedor na categoría de Pequenos piñeiros, nun momento da competiciónOs Porcos bravos alzáronse coa vitoria na categoría de Explorador@s piñeir@s (adultos); acadaron un total de 675 puntos e finalizaron a proba nun tempo de 1 hora e 51 minutos. En segunda posición situáronse Sin rumbo (590 puntos), seguidos por High Ground (469 puntos) e Aventureiras comanches (420 puntos).

Pola súa banda, as Ninjas exploradoras empregaron as dúas horas e media que duraba a competición en lograr os 395 puntos que lles deron a vitoria na categoría de Pequen@s piñeir@s. O podio completárono os Pokemons (368 puntos) e os Perdidos (325 puntos), mentres que Centolo Man finalizaron cuartos, seguidos por Exploring Minions e Doraemon na quinta e sexta posición respectivamente.

A actividade estivo organizada polo Concello do Pino en colaboración con Territorio Comanche e coa Xunta de Galicia.

No documento adxunto poden consultarse as clasificacións detalladas, así como as solucións das probas especiais.

O álbum de fotografías da saída da proba, publicado na páxina de Facebook do Concello do Pino, pode verse premendo nesta ligazón.

Icon

O Pino Aventura 2023: Clasificacións, mapa e probas especiais

1 file(s) 80.00 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Aberta a inscrición para o Pino-Aventura que se desenvolverá o 20 de maio na área recreativa da Tarroeira
O Pino adxudica o Servizo de Axuda no Fogar en 486.812 euros para 21.898 horas anuais de atención »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego