Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Os particulares teñen ata o 19 de febreiro para solicitar axudas destinadas a combater o feísmo

Novas

20/01/2022
20 Xan

Subvenciónanse ata o 70% das actuacións, cun límite de 3.000 euros // As obras comprenden o revestimento e pinturas de fachadas sen rematar, o acondicionamento de peches ou a substitución de celosías//

Axudas para corrixir o impacto paisaxístico
Este mediodía ábrese o prazo para que os particulares poidan solicitar as subvencións destinadas a corrixir impactos paisaxísticos. As axudas cubrirán ata un 70% do importe da actuación, cun límite máximo de 3.000 euros. O prazo de solicitudes péchase o 19 de febreiro.
Ademais dos particulares, os concellos tamén poden solicitar axudas para corrixir impactos paisaxísticos. Neste caso, ábrense dúas liñas diferentes, destinadas, por un lado, a equipamentos municipais, e polo outro, a fontes, lavadoiros, palcos da música, hórreos e otras construcións vencelladas a servizos públicos. En cada una destas dúas liñas de achegas, o importe máximo da subvención ascende a 20.000 euros. Os concellos poderán presentar as solicitudes ata o 28 de febreiro.
A convocatoria destas novas axudas para combater o feísmo, publicada no DOG do mércores 19 de xaneiro, comprende unha partida de 1,6 millóns de euros, dos cales se destinan un millón de euros para propietarios individuais e otros 600.000 euros aos concellos. No caso dos particulares, compréndense nas actuación as obras de revestimento e pintura de fachadas sen rematar; a renovación dos acabados e remates exteriores de edificacións e vivendas, incluíndo cubertas; o acondicionamento de peches de fincas e muros de cerramento ou a substitución de celosías.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario disponible na sede electrónica da Xunta. O código de procedemento é o MT402A. Para cobrar a subvención, a persoa beneficiaria haberá de xustificar os traballos realizados con data límite o 30 de setembro de 2022.
As bases da convocatoria publicáronse no DOG do mércores 19 de xaneiro. Pica nesta ligazón para consultar as bases para particulares.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Xa se pode solicitar cita previa para pasar a ITV agrícola en Gonzar e Pereira en marzo
A saída da A-54 cara Cerceda e Touro estará pechada de mércores a venres para botarlle unha nova capa de aglomerado »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés