Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Os escolares do Pino xa poden presentar ata o 28 de novembro os seus traballos para o concurso de postais de Nadal

Cultura· Novas

04/11/2025
4 Nov
  • Poderá participar o alumnado do CPI Camiño de Santiago, da escola unitaria de Gonzar e o doutros centros que estea empadroado no municipio //

  • A ilustración gañadora será a felicitación institucional de Nadal //

  • Elixirase entre as cinco premiadas noutras tantas categorías //

  • Os premios consistirán en lotes de libros e material escolar

O Concello do Pino convida os escolares do municipio a participar un ano máis no Concurso de Postais de Nadal, que chega a súa vixésimo terceira edición. O obxectivo deste certame é fomentar as artes plásticas entre a xente máis nova e contribuír á difusión das tradicións do Nadal, promovendo a participación, a imaxinación e o espírito creativo do alumnado.

Poderán participar todos os nenos e nenas escolarizados no CPI Camiño de Santiago e na Escola Unitaria de Gonzar, así como aqueles que, aínda que estuden noutros centros, estean empadroados no Concello do Pino.

O concurso divídese en cinco categorías segundo o nivel educativo: educación infantil, primaria (1º, 2º e 3º ciclos) e secundaria.

O tema das postais será o Nadal e os traballos deberán incluír a inscrición “O Pino, Bo Nadal e Feliz 2026”. As postais deberán ser orixinais e inéditas, poderanse elaborar con calquera técnica artística —pintura, acuarela, témpera, collage, etc.— e haberán de realizarse sobre un folio ou cartolina dun tamaño máximo DIN-A4. Recoméndase evitar materiais que poidan desprenderse cando as obras se expoñan de forma vertical.

Os traballos, que poden facerse tanto individualmente como en grupo, poderán presentarse no Rexistro Xeral ou por sede electrónica ata o venres 28 de novembro. Para a presentación, cada alumno/a ou grupo fará figurar na súa postal un número que lle asignara o seu titor, así como o curso e a idade do/s participantes. Este debuxo gardarase nun sobre pechado que levará o mesmo número asignado e que se acompañará, nun segundo sobre, do formulario Anexo I debidamente cuberto. Os centros escolares -CPI  Camiño de Santiago e Escola Unitaria de Gonzar- encargaranse de presentar no Rexistro Xeral os que alí se entreguen.

O xurado, formado por profesionais das áreas sociocultural, deportiva e educativa do Concello, valorará a orixinalidade, a composición, a calidade plástica, o deseño e a adecuación ao tema proposto. O fallo darase a coñecer a partir do 4 de decembro de 2025 e os premios, que se entregarán o día da cabalgata de Reis, consistirán en lotes de libros e material escolar valorados nos seguintes importes: 42,94 euros na categoría de educación infantil; 30,98 euros no primeiro ciclo de primaria; 35,45 euros no segundo ciclo; 37,90 euros no terceiro; e 54,95 en secundaria. Haberá un premio por categoría e, entre os cinco traballos premiados, elixirase un gañador absoluto que será empregado como felicitación institucional do Concello do Pino.

O Concello lembra que as postais premiadas pasarán a ser propiedade do Concello, que poderá reproducilas e difundilas en calquera soporte, sempre facendo constar o nome da persoa autora. Con todas as obras participantes farase tamén unha exposición para dar visibilidade ao talento artístico infantil e xuvenil do municipio.

Consulta as bases e descarga o formulario de inscricións neste enlace.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino mellora os accesos ao Camiño Francés cun proxecto de embelecemento financiado pola Xunta
Concurso de postais de Nadal 2025 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego