Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O XXIV Concurso de Disfraces do Pino repartirá 2.300 € en premios o domingo 11 de febreiro

Novas· Cultura

25/01/2024
25 Xan

A contía dos galardóns increméntase en máis dun 22 por cento con respecto ao concurso de Entroido de 2023 || A inscrición poderá facerse na sede electrónica, no rexistro municipal ou ben na Praza do Concello antes do inicio do concurso || Sete categorías, incluíndo a do disfrace máis orixinal, destacan na nova edición ||

Cartel do XXIV Concurso de Disfraces do Concello de O Pino

O Concello de O Pino prepara a celebración do XXIV Concurso de Disfraces para o domingo 11 de febreiro, cun arranque previsto para as 17.30 horas na Praza do Concello. Nesta edición repartiranse un total de 2.300 euros en premios, o que supón un incremento de 425 euros, ou o 22,7 por cento máis con respecto ao ano pasado. A inscrición poderá facerse preferiblemente e con anterioridade á data do concurso por medios telemáticos ou no rexistro; ou ben na propia Praza do Concello unha hora antes do inicio do certame.

O concurso do Entroido 2024 inclúe sete categorías competitivas, cada unha delas con premios en metálico para recoñecer o talento e a creatividade dos participantes. Na categoría infantil (ata 12 anos), as gratificacións serán de 150 € para o primeiro posto e de 100 € para o segundo. Na categoría individual, o premio ascende a 150 €, mentres que na categoría de parella os gañadores levarán para a casa 200 €. Os grupos optarán a un premio de 300 €, as comparsas a 700 € e as carrozas a 500 €. Ademais, o galardón ao disfrace máis orixinal ascende a 200 €.

Seguindo as bases do Concurso, considerarase grupo cando se reúnan máis de 3 e menos de 9 participantes, todos eles representando un mesmo tema. As comparsas, por outra banda, deberán ter polo menos 10 integrantes e poderán ofrecer un breve espectáculo de 3 a 4 minutos no escenario, con posibilidade de utilizar música traída nun CD ou pendrive, indicándoo na solicitude e facilitándollo á organización antes do inicio do concurso.

Para a categoría de carrozas, será necesario xuntar un mínimo de 4 participantes representando un tema enriba dun móbil. No escenario, poderán realizar un espectáculo breve de 3 a 4 minutos. Lembramos que se considera carroza calquera estrutura remolcada por un vehículo motorizado ou construída sobre el, cunha decoración especial e cunha elaboración coidada, cun mínimo de dúas rodas e capaz de transportar a todos os participantes.

O xurado valorará a orixinalidade do vestiario, a estética, a creatividade, a elaboración dos disfraces, comparsas e carrozas (que sexa un traballo feito a man e que empreguen materiais de refugallo). Tamén se terá en conta a posta en escena, a animación musical, a capacidade de interacción co público, a mobilización de masas, a sátira e a crítica social construtiva, ademais do uso do galego tanto oral como escrito.

A participación require a formalización da inscrición mediante a entrega da solicitude correspondente. Estas poden presentarse previamente tanto na sede electrónica do Concello como no rexistro municipal, en horario de 8.30 a 14.00 horas, de luns a venres. Tamén existe a posibilidade de anotarse na propia Praza do Concello a partir das 16.30 horas, antes de comezar o certame. O período de inscrición comezará ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e rematará o 11 de febreiro de 2024, antes do inicio do concurso.

A información completa sobre as bases do XXIV Concurso de Disfraces 2024, así como os formularios de inscrición, pódense consultar nos arquivos adxuntos.

Icon

Bases do Concurso de Disfraces 2024 do Concello de O Pino

1 file(s) 88.00 KB
Download
Icon

Ficha de inscrición: Concurso de Disfraces 2024. Categoría infantil

1 file(s) 83.74 KB
Download
Icon

Ficha de inscrición: Concurso de Disfraces 2024. Categoría individual

1 file(s) 137.76 KB
Download
Icon

Ficha de inscrición: Concurso de Disfraces 2024. Categoría parellas

1 file(s) 138.12 KB
Download
Icon

Ficha de inscrición: Concurso de Disfraces 2024. Categoría grupo / comparsa / carroza

1 file(s) 85.30 KB
Download
Icon

Concurso de Disfraces 2024. Información para o pago do premio

1 file(s) 88.00 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Urbanismo: Impresos de comunicación previa de obras menores e liquidación de taxas
O Pino destina 224.000 euros do POS+ a obras de mellora de pistas en cinco parroquias »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés