O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Trail comarca do Ulla-Tambre celébrase o 3 de abril entre Touro e O Pino

O Trail comarca do Ulla-Tambre celébrase o 3 de abril entre Touro e O Pino

Novas

11-03-2022
11 Mar

Manuel Taboada e Ignacio Codesido presentaron esta mañá a proba e animaron aos afeccionados a descubrir as fermosas paisaxes dos dous concellos  ||  

Terá un percorrido de 20 Km entre a área recreativa de Brandelos e o cruceiro da igrexa de Arca  ||  

Aberto o prazo de inscrición ata o 30 de marzo  ||

 

Os alcaldes de O Pino, Manuel Taboada, e Touro, Ignacio Codesido, presentaron esta mañá a primeira edición do Trail comarca do Ulla-Tambre que, cunha distancia aproximada de 20 quilómetros, se vai disputar o vindeiro domingo 3 de abril entre a área recreativa de Brandelos (Touro) e o cruceiro da igrexa de Arca (O Pino).

Os dous alcaldes animaron aos afeccionados ao atletismo e ao sendeirismo a participar neste primeiro trail conxunto que organizan os dous concellos, “unha proba que lles permitirá descubrir os fermosos paisaxes que temos no Pino e Touro”, indicou Manuel Taboada. Pola súa banda, Ignacio Codesido considerou esta iniciativa “como unha boa forma de pasar un domingo diferente, para gozar da paisaxe e non so competir”.

Iván Sanmartín e José Ramón Puga, técnicos de deportes do Pino e Touro, respectivamente, explicaron algunhas das características técnicas deste trail, cunha distancia aproximada de 20 quilómetros e un desnivel positivo de 750 metros (uns 1.450 metros de desnivel acumulado).

As persoas participantes deberán concentrarse na meta, situada no cruceiro da igrexa de Arca. Alí deberán recoller os seus dorsais e amosar o certificado covid. Despois serán trasladadas en autobús ata o punto de saída, na área recreativa Brandelos. Durante a carreira, os atletas pasarán pola senda da fervenza do Batán e o mirador do coto de San Sebastián (Touro), máis tarde subirán ata o mirador do Picón (O Pino) e baixarán ata Astrar ata chegar a meta no cruceiro da igrexa de Arca.

Categorías, inscrición e premios

Na proba establécense cinco categorías (sénior, máster 1, 2 e 3, e absoluta, tanto masculina como feminina). O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de marzo ás 23.59 horas na web de Carreiras Galegas, na que tamén se pode consultar o regulamento. O prezo da inscrición é de 12 euros.

Organizada pola Sociedade deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle e baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, a proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

A organización estableceu premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Os gañadores absolutos, en categoría masculina e feminina, levarán trofe, un queixo e un vale para pasar unha noite (con almorzo) nunha casa de turismo rural da zona. Os 2º e 3º levarán trofeo e queixo. No resto de categoría haberá trofeo e queixo para os gañadores.

Tamén haberá recompensa para os tres primeiros clubes clasificados, que levarán os mesmos premios que os gañadores absolutos.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A conselleira Ethel Vázquez, a primeira en asinar no ‘Libro da Muller’ con motivo do 8M
Aberto o prazo de solicitude de praza na Galiña Azul do Pino para o curso 22/23 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés