O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino terá un presuposto de 4 millóns e aproba un plan adicional de obras doutros 3 millóns

O Pino terá un presuposto de 4 millóns e aproba un plan adicional de obras doutros 3 millóns

Novas

03-12-2021
3 Dec

O orzamento contempla 700.000 euros de investimentos e 2,2 millóns para gastos en bens correntes e servizos  ||  

Foi aprobado cos votos a favor do PP e en contra de PSdeG e BNG  ||   

O goberno local destina 3 millóns do remanente positivo de tesourería a un ambicioso plan de obras adicional  ||  

Aprobado o segundo plan de igualdade e a elaboración do terceiro documento  ||  

Bonifícase a contribución a outras dez explotacións gandeiras ou agrícolas  ||  

O Pleno da Corporación do Pino aprobou esta mañá os orzamentos do ano que vén, que ascenden a catro millóns de euros, e un ambicioso plan de obras financiado con tres millóns de fondos propios que inclúen a construción de doce quilómetros de sendas peonís. Tamén se aprobou o segundo plan de igualdade entre mulleres e homes e a elaboración do terceiro plan 2021-2025. Ademais, déuselle o visto bo a bonificar a contribución a outras dez explotacións gandeiras ou agrícolas (cinco ao 95% e cinco ao 50%)

Os presupostos para o ano 2022 presentados polo equipo de goberno ascenden a algo máis de catro millóns de euros, dos que 700.000 se destinan a investimentos reais e 2,2 millóns a gastos en bens correntes e para pagar os servizos que o concello lle presta á veciñanza, como a recollida de lixo ou o alumeado público.

Segundo explicou o alcalde no pleno desta mañá, O Pino mantén a cero a débeda cos bancos, polo que tan só ten destinados 200 euros a gastos financeiros e reserva 227.000 euros para transferencias correntes, nas que se recollen as partidas que se trasladan á veciñanza mediante subvencións ou diferentes achegas. Neste sentido, Manuel Taboada destacou que nestes presupostos xa figuraban catro subvencións nominativas, para a Banda de Música de Arca (12.000 euros), a ANPA (7.000 euros), o CPI Camiño de Santiago (3.000 €), e a SD O Pino (10.000 euros)

O alcalde, que definiu estas contas como realistas, engadiu que estas contas teñen como obxectivo “que o Concello do Pino sexa unha administración ben xestionada e solvente, sen endebedamento e rexida polo equilibro orzamentario”.

Grazas ao saneamento económico local, e malia que nos orzamentos non se contempla solicitar ningún crédito bancario o vindeiro ano, Taboada incidiu en que  “continuarán realizándose obras para mellorar as infraestruturas municipais”.

En investimentos reais, figura unha partida de 698.000 euros. Á construción e mellora de estradas destinaranse preto de 200.000 euros, dos que 118.596 se corresponden con obras recollidas no POS+ 2022. Tamén se contemplan 300.000 euros para intervencións en terreos, parques e xardíns e outros 37.000 euros para a compra dun tractor. Así mesmo, 70.000 euros destinaranse a alumeados, e resérvanse 100.000 como aportación municipal para o centro de día do municipio, que se vai construír en Arca e que terá un custo de arredor dun millón de euros.

No que se refire ao apartado de ingresos, o Concello do Pino prevé recadar 1,6 millóns en impostos directos e outros 434.000 en taxas. As transferencias procedentes doutras administracións (Estado e Xunta) ascenden a 1,8 millóns de euros, e as transferencias de capital suman 142.000 euros para a execución de obras.

Os orzamentos, que contan con informes favorables de Secretaría e Intervención, foron aprobados cos votos a favor do equipo de goberno popular (6) e en contra do PSdeG (1) e do BNG (2).

Ambicioso plan de obras con 3 millóns de fondos propios

Outro dos puntos importantes do pleno foi a aprobación dun ambicioso plan de obras financiado con 3 millóns de fondos propios do Concello, que se corresponden co remanente positivo de tesourería de anos precedentes.

Este plan presentado polo goberno local contempla a construción de 12 novos quilómetros de sendas peonís, que permitirá estender este tipo de infraestruturas á totalidade das trece parroquias do municipio “co obxectivo de mellorar a seguridade viaria da veciñanza”. As obras executaranse durante o vindeiro 2022 e inclúen tamén a mellora de pistas, camiños e vías interiores de diferentes aldeas do municipio (ver descrición completa do plan neste enlace).

O plan foi aprobado cos 8 votos a favor de PP e BNG e 1 voto en contra do PSdeG (as dúas concelleiras socialistas non puideron asistir hoxe ao pleno por motivos laborais).

A execución do plan conta co informe favorable da Secretaría-Intervención municipal, xa que a lexislación vixente permite que os concellos poidan destinar o remanente positivo de tesourería a execución e mellora de infraestruturas.

O remanente ascende a 3,21 millóns de euros. Para sufragar estas obras, hoxe aprobouse un suplemento de crédito sobre estes cartos por un total de 3,03 millóns. Deste xeito, e logo de acometer o plan, ao Concello quedaranlle aínda 200.000 euros de saldo positivo.

Plan de igualdade e bonificacións do IBI

Na sesión desta mañá tamén se aprobou a avaliación do segundo plan de igualdade entre mulleres e homes e decidiuse comezar a elaboración do terceiro plan 2021-2025.

O primeiro punto da sesión foi a declaración de especial interese ou utilidade municipal de dez explotacións gandeiras e agrícolas dedicadas ao sector primario no municipio, o que lle vai permitir aos seus propietarios obter unha bonificación no recibo da contribución (IBI) do 95% en cinco casos e do 50% noutros cinco.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino acometerá un ambicioso plan de obras viarias con 3 millóns de fondos propios
Manoele de Felisa levou onte ata O Pino o seu ‘Cancioneiro do Camiño’ »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés