Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino terá dúas casas do maior nas unitarias de Ferreiros e de Lardeiros para atender 10 persoas

Novas

23/12/2024
23 Dec

O concello xa rematou o acondicionamento da planta baixa da antiga escola do Marquiño e da de Boavista, en San Breixo  ||  

Dúas persoas autónomas porán en marchas os proxectos para atender a maiores de 60 anos un máximo de 40 horas semanais de luns a venres laborais  ||  

O alcalde defendeu no último pleno esta opción fronte ao centro de día ao considerar que este é un servizo gratuíto para a cidadanía e que se pode ampliar a outras parroquias  ||  

O Pino contará en 2025 con dúas casas do maior nas que se poderá a tender  a un máximo de dez persoas maiores de 60 anos durante 40 horas semanais, de luns a venres laborais. Para poñer en marcha este servizo, que será prestado por dúas autónomas do municipio, o Concello acondicionou as antigas escolas unitarias de Ferreiros e Lardeiros.

O obxectivo é dedicar a metade da planta baixa de ambos os edificios para poder atender ás persoas maiores. O Concello non descarta habilitar máis locais noutras parroquias se hai demanda para poñer en marcha máis  unidades deste servizo.

As casas do maior poderán comezar a funcionar durante 2025. Trátase dun servizo gratuíto de atención diúrna a persoas maiores de 60 anos, sen dependencia ou en situación de dependencia de grao I, que estean empadroadas no Pino. En cada casa do maior pódense atender a un máximo de cinco persoas.

As casas do maior ofrecen atención de luns a venres, cun máximo de corenta horas semanais. O servizo, atendido por unha persoa autónoma ou cooperativas de traballo asociado, está aberto todo o ano agás festivos e un mes de vacacións.

 

No último Pleno, o alcalde, Manuel Taboada, explicou que o Concello aposta por este servizo fronte ao centro de día, “porque a casa do maior é gratuíta e no centro de día as persoas usuarias teñen que pagar sobre 500 euros mensuais”. O alcalde tamén indicou que nas casas do maior o transporte pode ser gratuíto para as persoas usuarias.

No caso de Lardeiros e de Ferreiros hai dúas mulleres do municipio que xa solicitaron poñer en marcha as dúas casas do maior, por iso o Concello acondicionou os locais para que poidan estar en funcionamento o antes posible. En ambos casos, o espazo dedicado a casa do maior contará con zona de estar ampla, cociña, despensa e baños adaptados.

“Se hai más persoas autónomas interesadas en montar casas do maior noutras parroquias, dende o Concello facilitaremos e acondicionaremos os edificios para  achegar este servizo tan importante a nosa veciñanza”, dixo Manuel Taboada no Pleno.

“Con catro casas do maior xa podemos ofrecer o mesmo servizo que nun centro de día de 20 prazas, e facelo máis preto da residencia habitual dos veciños e veciñas que precisen do servizo, polo que pensamos que vai ser máis beneficioso para todos”, dixo Manuel Taboada no pleno en resposta a unha pregunta formulada polo grupo socialista.

Residencia de maiores

No pleno celebrado o 16 de decembro, no que se aprobaron os orzamentos para 2025, Manuel Taboada explicou que aínda que o Concello aposta agora polas casa do maior fronte ao centro de día, segue mantendo a necesidade de contar cunha residencia para persoas da terceira idade.

“Seguimos negociando coa Consellería de Política Social a construción dunha residencia para persoas maiores”, indicou Taboada. Con este obxectivo, o Concello é propietario dunha parcela que mercou en Arca, en fronte do centro de saúde, do colexio e da casa de cultura.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Listaxe de persoas admitidas no Lecer Nadal 2024-25, que deben entregar o xustificante de pagamento ata o día 23
O Concello do Pino prolonga a festa da véspera de Reis cun festival de música para a mocidade »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés