Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino ten en marcha o VIII Nadal Benéfico e programa outra festa para as tardes do 11 e 12 de decembro

Novas

23/11/2021
23 Nov
  • Do 1 de decembro ata o 31 de xaneiro, pódese colaborar con alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e limpeza  ||  

  • Os puntos de recollida están na Casa da Cultura e nos supermercados Día, Eroski e Onda  ||  

  • Xogos tradicionais, manualidades, confetti, chocolate, teatro e panxoliñas para a Festa de Nadal os días 11 e 12  ||  

  • Haberá quedada tecedora para amantes do ganchillo e da calceta  ||  

  • Concertos de Manoele de Felisa, o día 4, e da Banda de Música de Arca, o 26  ||  

O Concello de O Pino ten en marcha a oitava edición do Nadal Benéfico para recoller alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene persoal e de limpeza que o resto do ano o departamento de Servizos Sociais distribúe entre as familias con menos recursos. Para estas festas, a Concellaría de Cultura ten programada un amplo abano de actividades para pequenos e maiores, que inclúen a visita de Papá Noel aos centros educativos do municipio;e a terceira Festa de Nadal e unha quedada tecedora para a fin de semana do 11 e 12 de decembro. A Banda de Música de Arca ofrecerá o tradicional concerto de Nadal o domingo 26.

No ano 2014 o Concello de O Pino poñía en marcha unha campaña para que a veciñanza e visitantes puidesen colaborar con aquelas familias do municipio que pasan por momentos de dificultade, aportando alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e de limpeza, que se depositaban nun caixón situado na Casa da Cultura ata o 31 de xaneiro —aínda que se seguen admitindo en calquera data—, e que logo se gardan no almacén municipal.

A esta campaña de recollida sumáronse o ano pasado os tres supermercados que hai no Pedrouzo, que porán a disposición dos seus clientes un carriño no que deixar os seus donativos. Ademais de produtos de limpeza e hixiene persoal, pódese colaborar con comida enlatada, como fabas, lentellas, garavanzos, froitas en conserva ou potitos para bebés, que tamén serven para as persoas maiores; aceites, latas de conserva, pasta ou aqueles produtos non perecedoiros que sirvan para preparar comida. Tamén compresas, cueiros, xabón, ou calqueira produtos de hixiene.

Festa de Nadal e Quedada tecedora

Dentro da programación para estas datas tan especiais, a concellaría de Cultura ten preparada a terceira Festa de Nadal para a fin de semana do 11 e 12 de decembro nunha carpa que estará instalada na praza do Concello. Pequenos e maiores poderán gozar con xogos tradicionais, manualidades de Nadal, obradoiros de canón de confetti e macramé, globoflexia, e multixogos de realidade virtual, entre outras actividades, que se desenvolverán dende ás catro ata as sete da tarde.

Para repoñer forzas haberá chocolate e moitas sorpresas máis. E para rematar, o sábado 11 o grupo de teatro A Xanela do Maxín ofrecerá  o espectáculo de títeres O apalpador e a nena sen medo a partir das 19.30 horas, na mesma carpa. O domingo, día 12, a Festa de Nadal do Pino rematará cun Concerto de Panxoliñas que ofrecerá a Agrupación Cultural Espadana Tradicional, e na que non faltarán os gaiteiros.

E mentres a cativada o pasa en grande, na propia carpa da praza do Concello está convocada unha Quedada Tecedora para todas e todos os amantes da calceta e do ganchillo para poder recuperar e transmitir vellas tradicións. Esta iniciativa tivo un grande éxito na súa primeira convocatoria no 2019 (o ano pasado non se puido celebrar pola pandemia da covid-19).  “Quen non lembra a súa avoa, nai ou tía cun novelo de lá sobre todo nas tardes de inverno?”, pregúntase Eva Varela. Con esta quedada tecedora preténdese favorecer que a veciñanza poida “compartir experiencias e sabedoría sobre o mundo da calceta e do ganchillo”, engade a concelleira.

Papá Noel visita os centros educativos

E coma todos os anos no Pino antes da vacacións de Nadal o alumnado máis novo da escola infantil A Galiña Azul, da unitaria de Gonzar e do CPI Camiño de Santiago recibirán a visita de Papa Noel e poderán trasladarlle as últimas peticións e recordarlle o ben que se portaron o resto do ano.

Concertos de Nadal e comitiva dos Reis Magos

A música ten tamén o seu oco nesta programación de Nadal. O sábado, día 4, Manoele de Felisa ofrecerá na casa de cultura (20.00 horas) o seu ‘Cancioneiro do Camiño’,  un concerto que estaba programado para o verán e que foi suspendido debido á incidencia da covid-19 no municipio. E despois da Noiteboa, a Banda de Música de Arca ofrecerá o seu tradicional Concerto de Nadal. Será o domingo, 26, na casa de cultura.

As festas rematarán o 5 de xaneiro coa visita que a comitiva dos Reis Magos farán a todas as parroquias do Pino, antes de recibir aos nenos e nenas no polideportivo de Reboredo (Arca) a partir das sete e media da tarde.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os escolares poden participar ata o 30 de novembro no tradicional concurso de postais de Nadal
O Concello do Pino esixe cambiar o trato e rachar coa violencia de xénero no vídeo do 25N »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés