O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino ten en marcha o VI Nadal Benéfico e programa outra festa para a tarde do día 21

O Pino ten en marcha o VI Nadal Benéfico e programa outra festa para a tarde do día 21

Novas

13-12-2019
13 Dec

O Concello de O Pino ten en marcha a sexta edición do Nadal Benéfico para recoller alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal e de limpeza que o resto do ano se distribúen entre as familias con menos recursos de acordo coa Cruz Vermella ou co departamento de Servizos Sociais. Para estas festas, a Concellaría de Cultura ten programada un amplo abano de actividades para pequenos e maiores, que inclúen a visita ao salón de Papá Noel, a segunda Festa de Nadal e unha quedada tecedora e a cabalgata dos Reis Magos polas parroquias, ao que se suma o tradicional concerto da Banda de Música.

No ano 2014 o Concello de O Pino poñía en marcha unha campaña para que veciños e visitantes puidesen colaborar con aquelas familias do municipio que pasan por momento de dificultade, aportando alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e de limpeza, que se depositaban nun caixón situado na Casa da Cultura ata o 31 de xaneiro –aínda que se seguen admitindo en calquera data–, e que logo se gardan no almacén municipal.

O departamento de Servizos Sociais municipais ou a propia Cruz Vermella son os que logo solicitan algúns deste produtos para entregarlle ás familias que pasan por momentos de dificultades durante o resto do ano. Latas de conservas, froita ou comida enlatada, aceites, potitos para os bebés e que tamén serven para as persoas maiores; compresas, cueiros, xabón ou aceite son algúns dos produtos que se poden depositar para colaborar co Nadal Benéfico do Pino.

A comida preparada sempre é unha boa opción, porque algunhas familias que precisan destes alimentos hai veces que non teñen nin con que cociñar. “Hai moitos produtos máis aló do arroz ou a pasta que se poden doar, e tamén durante o resto do ano. Houbo quen trouxo un saco de patacas recentemente arrincadas, coas que axudamos a varias familias”, sinala a concelleira de Cultura, Eva Varela.

Visita ao salón de Papá Noel

E coma todos os anos no Pino, o último xoves antes da vacacións de Nadal, o vindeiro día 19, o alumnado máis novo da escola infantil A Galiña Azul, da unitaria de Gonzar e do CPI Camiño de Santiago recibirá a visita de Papa Noel. Mellor dito, Santa Claus desprazarase ata á Galiña Azul e a unitaria de Gonzar, e os nenos e nenas de educación Infantil e de 1º e 2º e Primaria do CPI irán visitar o salón de Papá Noel na Casa da Cultura. Alí poderán trasladarlle as últimas peticións e recordarlle o ben que se portaron o resto do ano.

Festa de Nadal e Quedada tecedora

As familias que o desexen poden colaborar co Nadal Benéfico o vindeiro sábado, día 21, cando acudan cos seus fillos e fillas a segunda edición da Festa de Nadal, que se vai organizar a partir das 17.00 horas no polideportivo de Reboredo, onde poderán gozar dunha xincana de xogos no que haberá tiro e encesto na árbore de Nadal, dálle aos renos de Rudolf, pesca dos bastonciños e moitas máis sorpresa.

Ao rematar, todas as persoas participantes poderán achegarse ata a Casa de Cultura para participar nunha gran merendola a base de chocolate e biscoitos antes de participar nun espectáculo sorpresa para toda a familia.

E mentres a cativada o pasa en grande no polideportivo, na Casa da Cultura está convocada unha Quedada Tecedora para todas e todos os amantes da calceta e do ganchillo para poder recuperar e transmitir vellas tradicións. “Quen non lembra a súa avoa, nai ou tía cun novelo de lá sobre todo nas tardes de inverno?”, pregúntase Eva Varela. A idea desta iniciativa é a de “compartir experiencias e sabedoría sobre o mundo da calceta e do ganchillo”, engade a concelleira.

As persoas interesadas en participar nesta quedada están citadas ás cinco da tarde, coas súas labores de calceta ou ganchillo, para sentarse arredor dunha mesa, acompañadas dun café, e pasar dúas horas compartindo afeccións.

Concerto de Nadal e comitiva dos Reis Magos

As actividades destas festas continuarán o sábado 28 co tradicional concerto da  Banda de Música de Arca, e rematarán o 5 de xaneiro coa visita que a comitiva dos Reis Magos farán a todas as parroquias do Pino, antes de recibir aos nenos e nenas no polideportivo de Reboredo (Arca) a partir das sete e media da tarde.

 

Tweet
Share133
Share
Pin
133 Shares
« A Xunta terá en conta as peticións veciñais na rede principal de camiños da parcelaria de Gonzar
O Pino investirá 130.000 euros en arranxar a saída da A-54 cara Touro e estuda demandar a Fomento »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés