Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino sumarase ao convenio Xunta-Fegamp para ter un centro de día e residencia de maiores

Novas

30/03/2022
30 Mar

O alcalde explicou que se renunciou á subvención do GDR en beneficio do Concello para poder optar a un investimento de 1,2 millóns de euros para un centro mixto // Manuel Taboada replica que a sede do GDR deben decidila os asociados e rexeita a moción socialista para que continúe no Pino // O Pleno aproba as mocións do PP contra a guerra en Ucraína e para solicitarlle ao Goberno central medidas efectivas para frear o seu impacto económico na poboación //

O Concello do Pino conta co apoio da Consellería de Política Social para a construción dun centro de día mixto, que inclúa prazas de residencia, e que suporá un investimento superior ao millón de euros. Este proxecto fora analizado o pasado mes de decembro polo alcalde e a conselleira de Política Social, Fabiola García. No pleno ordinario de hoxe, en resposta á moción presentada polo grupo socialista, o alcalde explicou que este foi o motivo polo que o Concello renunciou a unha subvención de 160.000 euros concedida polo GDR Ulla Tambre Mandeo o pasado ano.

A intención do equipo de goberno é acollerse ao convenio marco firmado pola Consellería e a Fegamp, “como recomendou a conselleira, para construír o centro de día cun investimento de 1,2 millóns de euros”, dixo Taboada. Outro dos motivos polo que se renunciou á subvención do GDR é porque “nos obrigaba a ter rematada a obra en outubro deste ano, algo inviable, e nos impedía contar con axudas doutras administracións públicas”, engadiu.

Na moción socialista, Óscar Vilar pedía que o Concello se sumase ao convenio marco entre Xunta e Fegamp e criticaba que renunciara a finais de ano á subvención do GDR “impedindo que outros proxectos puidesen contar con esa axuda”.

O alcalde asegurou “descoñecer por que outros proxectos do GDR non se beneficiaron da axuda á que renunciou o Concello do Pino, porque cando se aproban iniciativas a financiar polo GDR sempre quedan proxectos en lista de agarda por se hai algunha renuncia”.

En relación a sumarse ao convenio marco asinado o pasado día 1 por Xunta e Fegamp, Manuel Taboada respondeu que esa era a intención do equipo de goberno, “para poder contar cun centro de día e residencia no Pino”.

A sede social do GDR Ulla Tambre Mandeo motivou outra das mocións que presentou o PSdeG, solicitando que a mesma continúe no Pino. Neste sentido, o alcalde (que tamén é presidente do GDR) respondeu que esa decisión correspóndelle tomala aos socios do GDR. Manuel Taboada recordou como moitos socios teñen solicitado en diferentes asembleas que a sede social da entidade fose percorrendo o territorio que abarca (os oito concellos das comarcas de Arzúa e Melide máis Vilasantar).

“Nestes momentos hai unha proposta do Concello de Boimorto para ceder unhas oficinas na casa consistorial para o GDR”, o que, considera, redundará en beneficio de todas as entidades socias e tamén daquelas persoas que poñan en marcha iniciativas susceptibles de ser financiadas polo GDR. “Boimorto é unha zona moito máis céntrica para os habitantes dos nove concellos que O Pino. En todo caso, esa decisión deberán tomala os socios do GDR”, concluíu Taboada.

Na votación, a moción foi rexeitada cos votos do equipo de goberno (6) e en contra da oposición (3 do PSdeG e 2 do BNG).

Guerra en Ucraína

O Partido Popular presentou dúas mocións relativas á invasión rusa en Ucraína. Na primeira, co obxectivo de paliar o impacto económico que esta guerra está a causar en España, solicítalle ao Goberno de España poñer en marcha as medidas acordadas na Conferencia de Presidentes autonómicos celebrada en Canarias.

Manuel Taboada reclamou a baixada de impostos para paliar os efectos da crise en toda a poboación. “Descontos como o do combustible anunciado onte son unha maquillaxe”, sentenciou o alcalde. Pola súa banda, os socialistas consideraron a moción “extemporánea” tras as medidas aprobadas onte polo Executivo. Mentres, o BNG propuxo incluír na moción que o Goberno fixe prezos marco para combustible e electricidade. Na votación, a moción foi aprobada cos votos a favor do Partido Popular e en contra de PSdeG e BNG.

Por outra banda, a segunda moción do PP de condena á invasión rusa en Ucraína foi aprobada cos votos a favor de PP e do portavoz socialista, Óscar Vilar; e coa abstención do BNG e das dúas concelleiras do grupo socialista.

Pleno ordinario da Corporación do Concello de O Pino celebrado o 30 de marzo de 2022

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino abre a preinscrición para o campamento de conciliación de Semana Santa
Beatriz Barroso e Daniel Paz gañan o trail comarca do Ulla-Tambre entre Touro e O Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego