O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino simboliza coa apertura dunha porta violeta o camiño na loita das mulleres pola igualdade

O Pino simboliza coa apertura dunha porta violeta o camiño na loita das mulleres pola igualdade

Novas

07-03-2023
7 Mar

O acto desenvolverase este mércores no centro sociocultural Luis Seoane e haberá lectura do manifesto ||

O Concello reivindica con este xesto a aquelas mulleres que o 8 de marzo de 1857 se botaron á rúa para loitar polos seus dereitos ||

O alumnado do CPI Camiño de Santiago participará ao longo deste mes de marzo na actividade de ‘Xogos e xoguetes tradicionais igualitarios’ ||

O programa do 8M inclúe unha campaña de sensibilización do comercio local ||

cartel da programación do  8M

O Concello de O Pino conmemorará este mércores, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller con varios actos que buscan concienciar e visibilizar a loita das mulleres pola igualdade. Lectura do manifesto, campaña de sensibilización do comercio local e a actividade de Xogos e xoguetes tradicionais igualitarios para o alumnado do CPI Camiño de Santiago conforman a programación do 8M que este ano ten como símbolo no Pino unha porta violeta. Unha porta coa que o Concello quere lembrar o significado desta data e recordar a aquelas mulleres que o 8 de marzo de 1857 abriron a primeira porta botándose ás rúas para loitar polos seus dereitos.

O acto institucional terá lugar este mércores ás 13.00 horas no centro sociocultural Luis Seoane e contará coa presenza do alcalde, Manuel Taboada Vigo, e coa xefa territorial da Coruña da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Judit Fontela Baró. Alí procederase a instalar unha porta de madeira de cor violeta e terá lugar a súa apertura simbólica. Tras este acto, procederase á lectura do manifesto. Unha vez rematado este acto, a porta de madeira trasladarase ao departamento de Servizos Sociais onde quedará permanente instalada como símbolo do 8M e do camiño emprendido polas mulleres hai 166 anos naquela primeira manifestación na loita polos dereitos femininos.

Enmarcado tamén na programación do 8M, o Concello de O Pino está a desenvolver unha campaña de sensibilización do comercio local. Esta campaña consiste no reparto de carteis co símbolo deste ano, a porta violeta, que quedarán expostos nos comercios e locais para visibilizar esta data e concienciar á cidadanía no longo camiño que queda por percorrer para lograr unha igualdade real e efectiva, para a eliminación de sexismos e para erradicar a violencia de xénero. Xunto cos carteis os establecementos tamén recibirán chapas, adhesivos e unha alfombra malva coa que o Concello quere facer visible o compromiso da cidadanía do Pino con esta arela colectiva.

Finalmente, ao longo deste mes de marzo o alumnado do CPI Camiño de Santiago participará na actividade de Xogos e xoguetes tradicionais igualitarios. A proposta forma parte do programa do 8M deseñado polo Concello. A actividade ten e por obxecto recuperar xogos tradicionais como as canecas ou o brilé e que os nenos e as nenas xoguen en igualdade de condicións, sen sexismos. Desenvolverase nas instalacións educativas e está dirixida a todo o alumnado do centro (infantil, primaria e ESO).

A programación do 8M do Concello do Pino forma parte dos eixos e liñas establecidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, financiado polo Ministerio de Igualdade.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino acolle a representación teatral de ‘Relato para un incendio’ o venres 10 de marzo
O alcalde de O Pino reivindica a necesidade de seguir impulsando cambios estruturais e sociais para lograr unha igualdade de xénero efectiva »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego