Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino saca a licitación o Servizo de Axuda no Fogar cun orzamento de 666.407 euros anuais

Novas

25/06/2025
25 Xuñ

O Concello estima dedicar cada ano 28.000 horas de atención á veciñanza, 25.072 na modalidade de dependencia e 2.928 horas en libre concorrencia  || 

O alcalde destaca que Concello e persoas usuarias deben pagar a metade do servizo, pois Xunta e Deputación só aportan 12 €/hora  || 

O Pleno tamén aprobou o estudo económico financeiro para establecer as tarifas do abastecemento e depuración de auga  || 

O regulamento da piscina municipal de Lameiro foi aprobado por todos os concelleiros  || 

 

 

O Pleno do Concello do Pino aprobou hoxe sacar de novo a licitación o Servizo de Axuda no Fogar para o vindeiro exercicio 2026 cun orzamento de 666.407,80 euros anuais para un máximo de 28.000 horas de atención. Ademais do regulamento da piscina de Lameiro, na sesión tamén se aprobou o estudio de viabilidade e de explotación do servizo de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración que servirá para fixar o prezo dos recibos que deberá pagar a veciñanza. A moción do PP en defensa do estado democrático saiu adiante só cos votos do equipo de goberno.

O Pino volve sacar a licitación o Servizo de Axuda no Fogar cun contrato dun ano de duración e dúas prórrogas dunha anualidade cada unha. O novo contrato entrará en vigor en 2026 e o Concello reserva un máximo de 666.407,80 euros para atender durante 28.000 horas as persoas máis vulnerables do municipio. O novo contrato representa un incremento de 186.000 euros respecto ao que está en vigor este ano, e tamén aumenta en 6.100 as horas anuais de atención.

Durante o debate, o alcalde, Manuel Taboada, volveu destacar o custo que este servizo supón para as arcas municipais, “pois Xunta e Deputación tan só financian a metade do custo, e a outra metade debemos pagala entre Concello e as persoas usuarias a través do copago”.

No Pino, o SAF atende á veciñanza baixo dúas modalidades. Por un lado está a modalidade de dependencia, para aquelas persoas que teñen recoñecida esta prestación pola Xunta de Galicia, que financia o servizo cunha aportación de 12 euros/hora. A esta modalidade destínanse 25.072 horas anuais (23.772 ordinarias en días laborais e 1.300 horas extraordinarias en fins de semana e festivos).

Para o SAF básico, de libre concorrencia, o Concello do Pino conta coa financiación da Deputación da Coruña, que aporta tamén 12 euros/hora e establece un máximo de 2.928 horas para o ano 2025.

As condicións que establece o expediente da licitación fixa un máximo de 23,55 euros a hora en días laborais e 25,90 € as horas extraordinarias no caso do SAF de dependencia, e de 24,90 euros/hora  para o SAF básico.

“Temos que pagar practicamente o dobre do que recibimos das diferentes administracións”, explicou Manuel Taboada, quen volveu reclamar “unha maior implicación do goberno central para financiar o sistema de dependencia, porque nas condicións actuais estase facendo insostible para as arcas municipais, tendo en conta os orzamentos que temos no Pino”.

O expediente para licitar o contrato do SAF foi aprobado por unanimidade.

Recibo do abastecemento de auga

Na sesión deste 25 de xuño, a Corporación tamén aprobou o estudio de viabilidade e de explotación do contrato de concesión do servizo de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración para o concello. Este estudio económico financeiro servirá de base para establecer o prezo que deberá pagar a veciñanza polo abastecemento de auga potable, e polo saneamento naqueles fogares que estean conectados á rede de sumidoiros, como é o caso de Arca, Santiso e Cebreiro.

Manuel Taboada lembrou que este estudo, na práctica, servirá de base para establecer os prezos que recollerá a ordenanza que o Concello prevé aprobar en setembro. O alcalde dixo que a partir de agora cada veciño “vai pagar polo que realmente consuma, ao eliminar o mínimo de 15 metros cúbicos de auga ao trimestre e por familia” que establece a ordenanza actual. “Haberá persoas aboadas ás que o recibo lle vaia resultar máis barato e outras que terán que pagar máis, sobre todo aquelas que teñan un consumo maior”, indicou.

O alcalde explicou no Pleno que agora o Concello ten que asumir o mantemento da depuradora de Arca, que representan un gasto duns 200.000 euros anuais.

Este punto foi aprobado cos votos a favor de PP e BNG  e abstención do PSdeG, que votou en falta que neste estudo non vaia analizar a viabilidade de municipalizar o servizo.

Regulamento da piscina de Lameiro

A Corporación tamén aprobou o regulamento da piscina municipal exterior de Lameiro para garantir o bo uso e funcionamento desta instalación por parte das persoas usuarias.

A principal novidade do regulamento é que establece un sistema de acceso electrónico ás instalacións mediante a lectura dun código QR. As reservas para acceder á piscina deberán facerse a través dunha aplicación móbil (para sistema operativo IOS ou Android) ou accedendo á plataforma de reservas da páxina web appreservas.com. Este mesmo sistema é o que establece tamén o Concello do Pino para reservar tanto a pista de padel como os pavillóns de Lameiro ou de Reboredo.

O Concello establecerá cada ano as datas concretas de apertura, os horarios e os prezos de acceso a piscina de Lameiro. De xeito xenérico, as instalacións abriranse a finais de xuño e pecharanse a principios de setembro, coincidindo co final e inicio do curso escolar, en horario de 12.00 a 20.00 horas de luns a domingo.

Entre as normas de uso, o regulamento establece que os menores de 14 anos só poderán acceder á piscina se contan coa supervisión dunha persoa adulta responsable.

Conta xeral e convenio coa FEMP

No pleno ordinario do mes de xuño, a Corporación do Pino aprobou tamén de xeito definitivo a conta xeral correspondente ao exercicio 2024 (xa estivo exposta ao público) e que establece un remanente positivo de tesourería de 1.042.000 euros.

O Pino tamén aprobou adherirse ao convenio entre a Administración xeral do Estado e a Federación Española de Municipios e Provincias para facilitarlle o acceso á administración electrónica as persoas que viven no rural. Segundo explicou Manuel Taboada, este convenio vai permitir que técnicos contratados polo goberno central se acheguen ata O Pino para impartirlle cursos á veciñanza para utilizar a administración electrónica.

Mocións en defensa do estado democrático

A moción presentada polo grupo popular en defensa do estado democrático e de dereito, e en repulsa da corrupción que afecta á contorna persoal e política do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, foi aprobada cos votos a favor do equipo de goberno do Pino (7), en contra do PSdeG (2) e coa abstención do BNG (2). No pleno o PP rexeitou a emenda presentada polo grupo socialista

Entre outras cousas, a proposta solicita ao goberno a “inmediata depuración de responsabilidades políticas” derivadas dos casos de corrupción coñecidos recentemente e pídelle aos seus socios que revisen o apoio político ao goberno de Pedro Sánchez. A iniciativa tamén reclama a convocatoria inmediata de eleccións xerais.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Publícase a listaxe de cativada admitida na Escola de Verán. O prazo para xustificar o pagamento remata o luns 23 de xuño
Reserva dos pavillóns, pista de pádel e piscina municipal »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés