Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino reserva este ano máis de 96.000 € para axudas e subvencións a asociacións e entidades locais, comisións de festas e parroquias

Novas

29/01/2025
29 Xan

A Banda de Música de Arca contará con 14.500, a ANPA co CPI Camiño de Santiago e o CD O Pino recibirán 8.000 euros  ||  

 

O Concello do Pino reserva este ano máis de 94.000 euros para axudas e subvencións destinadas aos colectivos e asociacións veciñais tanto para a realización de actividades como para investimentos. Ao igual que en anos anteriores, as partidas máis importantes están destinadas para colaborar coa Banda de Música de Arca (14.500 euros), coa ANPA do CPI Camiño de Santiago (8.000 €) e co CD O Pino (8.000 euros).

O equipo de goberno dirixido por Manuel Taboada contempla tamén nos orzamentos municipais unha partida de 36.400 euros para colaborar coas trece igrexas do municipio, que poderán recibir un máximo de 2.800 euros cada unha, e outra de 13.000 euros para axudarlle a todas as comisións de festas a organizar os festexos parroquiais. Neste último apartado, o Concello prevé tres subvencións nominativas para colaborar coas comisións de festas do San Pedro, do Corpus de Arca e da Madalena de Castrofeito, cada unha das cales recibirá 1.650 euros.

A ANPA Cativos, da escola infantil A Galiñas Azul poderá recibir unha subvención de 2.000 euros e o propio CPI Camiño de Santiago outra de 1.150 euros.

O regulación da concesión destas subvencións nominativas e a súa xustificación adaptarase ao Plan Extratéxico de Subvencións do Concello do Pino, que foi aprobado recentemente. Cada unha das entidades ou colectivos beneficiados por estas axudas que foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local deberá cumprir os requisitos establecidos no plan estratéxico para recibir as achegas estipuladas.

Con todas estas partidas, que en conxunto ascenden a 88.000 euros, o Concello do Pino “quere colaborar con aqueles colectivos municipais que están organizando actividades de diferentes tipoloxía ou conservando o patrimonio”, sinala o alcalde. Manuel Taboada Vigo resalta que este ano o concello decidiu incluír nas axudas nominativas as igrexas parroquiais e as comisión de festas, “para que as respectivas directivas ou responsables de cada colectivo sepan xa dende principios de ano coa axuda que poderán contar. Deste xeito, dende o Concello podemos contribuír a estabilizar a economía destas asociación e colectivos tan importantes para o noso municipio”.

Concorrencia competitiva

Ademais das subvencións nominativas, o Concello ten reservados outros 8.150 euros para a distribución en axudas de concorrencia competitiva.

Os requisitos para optar a algunha destas axudas especificaranse nas bases que rexerán na súa convocatoria específica, que se farán públicas no momento oportuno. A modo de exemplo, no exercicio 2024 o Concello do Pino reservou 3.000 euros para axudar aos estudantes universitarios ou de ciclos formativos de grao superior que se tiñan que estudaban noutras localidades. Outros 5.000 euros estaban contemplados en axudas para asociación ou colectivos de diferentes tipoloxía: veciñais (ata 1.400 euros), culturais (ata 2.500), deportivas (ata 3.000 euros), ou de patrimonio (ata un máximo de 2.500).

 

 

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Formulario de solicitude de Axudas á natalidade
Urbanismo: Impreso para solicitar información urbanística e liquidación de taxas »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés