Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino rende homenaxe na Xuntanza dos Maiores a Perfecto López, Carmen Vázquez, Alicia Tato e Jesús Salvado

Novas

13/07/2025
13 Xul

Unhas 900 persoas aplaudiron as catro persoas homenaxeadas, que teñen entre 93 e 94 anos  ||  

Ao xantar celebrado na área recreativa da Madalena asistiu tamén o Director xeral de Maiores, Antón Acevedo  ||  

O concerto da Banda de Música de Arca abriu os actos oficiais e o dúo Eva e Camilo encargouse de animar a sobremesa cun concorrido baile  ||  

 

As catro persoas homenaxeadas coas autoridades. Pola esquerda: Perfecto López Brea, Carmen Vázquez Castro, Alicia Tato Martínez e Jesús Salvado Vigo

 

Dous homes e dúas mulleres nados entre 1931 e 1932 nas parroquias de Lardeiros, Cerceda e Budiño foron hoxe os protagonistas da XXVII Xuntanza dos Nosos Maiores que o Concello do Pino celebrou na área recreativa da Madalena pare recoñecer e agradecer o traballo que desenvolveron durante toda a súa vida. Antes do xantar e confraternidade, ao que asistiron 900 persoas, o alcalde, Manuel Taboada, o director xeral de Maiores, Antón Acevedo; e concelleiros do equipo de goberno entregáronlles sendos recoñecementos a cada unha das persoas homenaxeadas.

Nesta edición, as placas conmemorativas e os recoñecementos foron para Perfecto López Brea, natural de Lardeiros e que fixo 94 anos o pasado 13 de maio; para Carmen Vázquez Castro, que naceu en Lardeiros o 29 e xullo de 1931 (fai 94 anos dentro de dúas semanas);  Alicia Tato Martínez, nada en Cerceda hai 93 anos (celebrou o aniversario o pasado 7 de maio); e para Jesús Salvado Vigo, que naceu en Budiño o 31 de xullo de 1932. Todos eles recibiron un agarimoso aplausos de todas as persoas asistentes á festa.

A área recreativa da Madalena volveu ser o escenario destas tradicional xuntanza, que volveu xuntar a unhas 900 persoas do municipio maiores de 60 anos. O programa comezou co concerto da Banda de Música de Arca, dirixida por Andrés Pérez, e a misa ao aire libre oficiada polo cura de Castrofeito, José Antonio Conde.

O alcalde, Manuel Taboada, destacou na súa intervención o “traballo e a dedicación das catro persoas homenaxeadas, imprescindible para sacar adiante as súas familias e as súas explotacións gandeiras e agrícolas, que axudaron a que O Pino puidese prosperar ata converterse no que hoxe coñecemos todos”. Taboada rematou lembrando que a Xuntanza dos Maiores “quere ser un agradecemento e un recoñecemento a todo o que conseguistes con tanto sacrificio”.

O restaurante Casa Taboada foi o encargado de preparar o menú, composto por empanada, sardiñas, polbo e carne ó caldeiro, co que as persoas asistentes puideron repoñer forzas antes dunha animada sobremesa, na que unhas conversaron animadamente, outras xogaron unha partida de cartas e outras moitas animáronse a bailar ao ritmo da música do dúo Eva e Camilo.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino organiza un concurso de murais urbanos con motivo da Festa do Galo Piñeiro
Urbanismo: Modelo de comunicación previa das operacións de corta e saca de madeira e liquidación de taxas »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego