O Concello de O Pino acaba de substituír 332 puntos de alumeado público para colocar luminarias de tecnoloxía led para acadar un aforro enerxético do 45 por cento. Esta actuación, que permitiu a renovación de 22 centros de mando, supuxo unha inversión de 173.030,00 euros, dos que 138.424 foron cofinanciados polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) da Unión Europe e xestionados polo Instituto para a Diversificación e Aforro de la Enerxía (IDAE) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.
Descrión do proxecto “Renovación alumeado público anexo á N-547 no concello do Pino”
Renovación da iluminación pública exterior no concello do Pino, na provincia da Coruña, actuando en 332 dos 2.833 puntos de luz existentes, substituíndo as actuais luminarias de vapor de sodio de alta presión, vapor de sodio de baixa presión e halogenuros metálicos por luminarias LED máis eficientes, actualizando 22 centros de mando dos 274 existentes xa que dispoñen dos dispositivos adecuados de control, regulación e protección. Dos 22 centros teñen un total de 486 luminarias, aínda que só se vai a actuar en 332. Instálanse 2 tipos de luminarias: luminaria LED para viarias cunha potencia de 30 W, e de estilo clásico ornamental con luminaria de 40 W.
Con esta actuación diminuirase a potencia de 18,68 kW a 11,13 kW e conseguirase un aforro enerxético estimado do 45 %.
As novas luminarias que se incluíron no proxecto de “Renovación de iluminación pública anexo á N 547 no concello do Pino”, colocaranse nos seguintes lugares: A Rúa, Burgo, Sta. Irene, O Castelo, Regas, Castro, Nivel, Quintas, Salceda, Brea, Rúa, Ponche, Xen, Rouris, Vilar, Xesta, Torre 12 e Vimieiro 1 (Cerceda).
Esta actuación supón un investimento de 173.030,00 euros, dos cales 138.424,00 euros son cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e xestionados polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.