O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino recupera o programa Vai de Praia con oito saídas aos areais da costa galega

O Pino recupera o programa Vai de Praia con oito saídas aos areais da costa galega

Novas

08-07-2022
8 Xul

O vindeiro xoves, día 14, visitan a praia de Boiro  ||  

Ata o 6 de setembro o resto de viaxes serán os martes  ||  

Os maiores de 13 anos deben pagar 10 euros por viaxe, e os menores 5 euros  ||  

A reserva de praza farase co xustificante de pagamento do banco e entregando a ficha de inscrición  ||  

O Concello de O Pino recupera o programa Vai de Praia, para que a veciñanza poida visitar os areais da costa galega dende o xoves 14 de xullo ata o 6 de setembro. Salva primeira saída, que será o xoves 14 a Boiro, o resto de viaxes á praia vanse facer os martes.

As persoas interesadas en participar neste programa deberán aboar 10 euros por cada saída, podendo adquirir bonos de 4 viaxes por 40 euros. No caso de menores de 13 anos o prezo é de 5 euros cada saída. Coa compra do bono, para persoa participante poderá acudir os días que considere, sempre despois de inscribirse.

As praias que se visitarán este verán no Vai de Praia de O Pino son as de Boiro (14 de xullo),  San Francisco-Muros (19) e San Vicente do Mar-O Grove (día 26). No mes de agosto viaxarase a Montalvo-Sanxenxo (día 2), Boiro (9), San Francisco-Muros (23), San Vicente do Mar-O Grove (30). O programa rematará o 6 de setembro na praia de Montalvo (Sanxenxo). Un autobús percorrerá as parroquias do municipio para recoller as persoas participantes. 

Para reservar praza, quen queira ir a praia deberá pagar o importe correspondente na conta que o Concello do Pino ten en Abanca ES70 2080 0337 1131 1000 0078 e presentar o xustificante de pagamento e a ficha de inscrición antes das 13.00 horas do día anterior ao viaxe. A ficha de inscrición e o xustificante de pagamento pódense entregar persoalmente na casa de cultura ou a través do correo electrónico cultura@opino.gal

Todos os menores de idade que participen neste programa deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

A ficha de inscrición e os datos para facer o pago no banco pódense descargar nos arquivos adxuntos

Icon

Ficha inscrición Vai de Praia 2022

1 file(s) 62.00 KB
Download
Icon

Conta bancaria Vai de Praia 2022

1 file(s) 24.00 KB
Download

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O espectáculo musical ‘Camiñantes e cantantes’ trasládase este domingo na praza do Concello de O Pino
O Pino homenaxea a tres veciñas e un veciño nados en 1926 e 1927 na Xuntanza dos Nosos Maiores »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego