O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino recupera a súa Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar na vindeira fin de semana

O Pino recupera a súa Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar na vindeira fin de semana

Novas

01-08-2022
1 Ago
  • O programa recolle unha feira de artesanía, exhibicións, obradoiros, actividades infantís, degustación de galo e xantar popular //

  • Os espectáculos ‘Dr Queen’ e ‘Terras de Queimada’ abrirán boca na noite do sábado //

O Pino recupera a vindeira fin de semana a celebración da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, cun amplo e variado programa para todos os públicos que, ademais dos tradicionais certames de galo piñeiro e de cabalos, recolle unha feira de artesanía, exhibicións, obradoiros, degustación de galo, xantar popular, actividades para a cativada e moita música.

Bombas de palenque anunciarán o comezo da festa o sábado 6 de agosto, día que pechará cunha gran festa musical. Ás oito, actuará Dr. Queen nun concerto de tributo á banda de Freddie Mercury na praza do Concello e ás once, na praza de Forcarei, o Bruxo Queiman ofrecerá o espectáculo ‘Terras de Queimada’ con música en directo, o tradicional conxuro, lume e moita fantasía.

Xa o domingo 7 de agosto, tralas bombas abriranse a Mostra Cabalar (9.00 horas) e a XXI Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira (10.00 horas). As rúas animaranse a partir das once da mañá coa actuación da charanga NBA e a apertura da Feira de postos de Artesanía de Galicia na praza de Forcarei. Durante toda a xornada, sucederanse exhibicións de forxa, tear, canteiría, arte de bolillos ou cantería, así como obradoiros de colgantes de madeira e de pasta de papel, e actividades e xogos para as crianzas, que poderán gozar de inchables, pintacaras ou globoflexia.

Chegará logo a celebración gastronómica coa degustación gratuíta de galo piñeiro (13.00 horas) e un xantar popular (15.00 horas). Non faltará a sesión vermú, que estará amenizada pola cantante de Luar Ruth Cundins, nin o pregón, que este ano correrá a cargo do delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor.

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, os amantes dos cabalos poderán desfrutar do espectáculo ‘Duende ecuestre’, que de seguro sorprenderá aos asistentes con exercicios de doma, baile ou toureo dacabalo.

Premios para os mellores galos e galiñas piñeiros

A XXI Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira do Pino repartirá premios para os tres mellores galos, as tres mellores galiñas, os dous mellores galos de curral e o mellor animal da exposición. As inscricións para participar faranse o domingo a partir das 9.30 horas na propia feira, na praza de Forcarei. A entrega de galardóns está programada para as 14.30 horas.

Pola súa parte, a entrega de premios aos gañadores da XXI Mostra Cabalar farase ás 18.45 horas.

Icon

Programa da XXI Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

1 file(s) 1.62 MB
Download
Icon

Mostra cabalar: Horarios e premios

1 file(s) 68.00 KB
Download
Icon

Programa da Feira de Artesanía 2022

1 file(s) 3.45 MB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A conselleira entrégalle ao alumnado da escola infantil do Pino orlas e fotos personalizadas
A programación de agosto do Concello do Pino chega con propostas para todos os públicos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés