O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino reclámalle ao goberno central rematar canto antes a autovía A-54 de Santiago a Lugo

O Pino reclámalle ao goberno central rematar canto antes a autovía A-54 de Santiago a Lugo

Novas

28-09-2022
28 Set
  • A moción presentada polo goberno local foi aprobada cos votos de PP e BNG e rexeitada polo PSdeG  ||  

  • O Concello vai delegar na Deputación da Coruña o control financeiro das subvencións municipais e o plan xeral de prevención de riscos e medidas antifraude dos fondos europeos ||  

  • Aprobada por unanimidade a proposta para gravar ás entidades bancarias e enerxéticas  ||  

  • O Concello vai rescindir o contrato á empresa que constrúe a cuberta do parque infantil de Arca ao non cumprir coa normativa de calidade  ||  

O Concello de O Pino vaille reclamar ao goberno central que remate o antes posible a autovía de Santiago a Lugo (A-54) dotando de fondos suficientes as partidas orzamentarias para construír os dous tramos pendentes, entre Arzúa e Palas. A moción presentada polo goberno local no pleno ordinario desta mañ contou cos votos favorables de PP e BNG (8) e o voto en contra do PSdeG (3).

Por unanimidade dos tres grupos políticos acordouse delegar na Deputación da Coruña  tanto o control financeiro das subvencións municipais que concede o Concello como o Plan xeral de prevención de riscos e medidas antifraude que esixe a xestión dos fondos europeos. Os tres grupos políticos aprobaron os catro expedientes de bonificación do IBI (contribución) de explotacións agrarias e gandeiras.

A moción do grupo socialista para apoiar gravames, de carácter temporal, ás entidades financeiras e do sector enerxético foi aprobada por unanimidade ao incluír unha emenda presentada polo Partido Popular na que se solicitaba que o Goberno central destine estes ingresos extraordinarios a reducir os prezos da enerxía aos consumidores e que se aprobe no Congreso un plan enerxético que protexa as familias e empresas.

Cos votos en contra do Partido Popular quedou rexeitada a iniciativa socialistas solicitando que se poña en marcha a unidade de atención temperá, ao argumentar o alcalde que non hai usuarios suficientes para recibir atención. Manuel Taboada aclarou que, segundo un informe do departamento de Servizos Sociais, no ano 2020 “só había tres menores de 6 anos que poderían acudir a este servizo, e a familia dun deles mudouse para outro concello. Eso hai dous anos. A día de hoxe, e segundo Servizos Sociais, no municipio do Pino non hai ningún neno ou nena que precise atención temperá”, concluiu o alcalde. A moción contou cos votos a favor de PSdeG e BNG (5) e seis en contra do PP, polo que foi desestimada.

O mesmo ocorreu coa solicitude do PSdeG de incrementar as axudas para os estudantes do municipio. Foi rexeitada polo grupo de goberno popular argumentando que ata o de agora se veñen atendendo todas as solicitudes presentadas, tanto nas axudas para estudantes universitarios como as que se lle conceden ás familias. Manuel Taboada asegurou que, no último exercicio, “dos 3.000 euros reservados para axudas a estudantes universitarios e de formación profesional, o ano pasado concedéronse os 1.252,73 euros que foron solicitados”, polo que a moción quedou desestimada cos 6 votos en contra do PP e os 5 a favor de PSdeG e BNG.

Si se aprobou, cos votos do equipo de goberno, a moción do PP solicitándolle ao goberno central para que se establezan medidas para evitar a ocupación ilegal de vivendas. Aquí, o PSdeG votou en contra e o BNG abstívose

No apartado de rogos e preguntas, o grupo socialista interesouse, entre outros temas, polo estado da cuberta do parque infantil da praza de Forcarei. O alcalde explicou que o Concello vai iniciar os trámites para rescindirlle o contrato a empresa adxudicataria ao non superar as obras xa realizadas o control de calidade que encargou o Concello. “A empresa díxonos que non ía facer nada máis, polo que imos iniciar o procedemento para rescindir o contrato e volver a licitar as obras”, asegurou.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O director xeral de Maiores visita no Pino a unidade Coidados porta a porta situada en Arca
O Concello dá a coñecer a normativa de uso do ximnasio municipal de Lameiro »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés