O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Cultura / O Pino recibe o Nadal esta fin de semana cunha gran festa con xogos, obradoiros e espectáculos

O Pino recibe o Nadal esta fin de semana cunha gran festa con xogos, obradoiros e espectáculos

Cultura· Novas

07-12-2021
7 Dec

A cativada poderá aprender a facer un canón de confeti e adornos navideños //

O sábado haberá sesión de títeres co Apalpador como protagonista //

As persoas adultas poderán participar nun encontro de calceta e ganchillo e nun taller de macramé //

O domingo acenderase a árbore do Concello con chocolatada e as panxoliñas do grupo Os Viqueiras //

O Pino recibe o Nadal esta fin de semana cunha gran festa para todos os públicos que se celebrará nunha carpa cuberta fronte ao Concello e contará con xogos tradicionais, obradoiros, un encontro de calceta e ganchillo, unha sesión de títeres ou música.

A III Festa do Nadal do Pino desenvolverase este sábado e domingo. Ámbolos días, dende as catro ata as sete da tarde, a rapazada poderá gozar de diferentes xogos e de globoflexia. Ademais poderá aprender a facer un canón de confeti e adornos para a árbore de Nadal en senllos obradoiros programados para o sábado e o domingo. Como fin de festa, ás 19.30 horas, o primeiro día terán flocos de millos para asistir á sesión de títeres O Apalpador e a nena sen medo a cargo de A Xanela do Maxín e para o segundo está programado o encendido da árbore de Nadal do Concello. Haberá chocolatada, churros e panxoliñas da man do grupo Os Viqueiras.

As persoas adultas, pola súa parte, teñen o sábado unha Quedada Tecedora para reunir aos amantes da calceta e do ganchillo arredor dunha taza de café e uns contos, mentres que o domingo poderán participar nun obradoiro de macramé. Este último ten un custo de 25 euros e límite de prazas, polo que é necesaria inscrición chamando ao teléfono 981 511 065 ou mandando un mail a cultura@opino.gal.

Nadal benéfico

O Pino celebra tamén nestas datas o seu oitavo Nadal Benéfico co obxectivo de axudar as familias máis vulnerables do municipio. Entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro, todas aquelas persoas que queiran colaborar poden deixar alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal e de limpeza no centro sociocultural Luis Seoane e os supermercados Dia, Eroski e Onda.

O departamento de Servizos Sociais do Concello irá repartindo ao longo do ano todos os artigos que se recollan entre aquelas familias que máis o necesiten.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Manoele de Felisa levou onte ata O Pino o seu ‘Cancioneiro do Camiño’
A cativada gozou en Arca coa Festa de Nadal e quedou engaiolada co Apalpador e a nena sen medo »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego