Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino rebaixa outro 10% o recibo do lixo e vai acondicionar o campo de fútbol de Lameiro

Novas

30/09/2020
30 Set

O Concello de O Pino vai rebaixar outro 10% o recibo do lixo para o ano 2021, como medida para axudar ás familias do municipio a superar a crise que está a xerar a pandemia da covid-19. Esta rebaixa do 10% engádese ao 5% que xa se rebaixou este ano pola diminución do canon de Sogama. A proposta do equipo de goberno foi aprobada por unanimidade do pleno, que tamén decidiu adherirse ao Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía, promovido pola Unión Europea.

Na sesión de hoxe, cos votos a favor de PP e BNG, e coa abstención dos socialistas, aprobouse un expediente de modificación de crédito para destinar 176.000 euros a acondicionar o campo de fútbol de Lameiro, para que a SD O Pino poida disputar alí os partidos de Preferente Galicia Norte cando comece a liga. A previsión é executar este ano as obras, que consistirán na reposición do terreo de xogo con herba natural (76.000 euros), así como a nova instalación das bancadas e dos vestiarios, totalmente desfeitos polo vandalismo, para os que se destinarán uns 100.000 euros.

O alcalde xustificou este investimento para colaborar coa SD O Pino, que vén de conseguir o ascenso de categoría á Preferente Galicia, e que conta con diferentes equipos. “É o único club de fútbol que hai no municipio, e estamos orgullosos do seu ascenso”, replicoulle o alcalde, Manuel Taboada, ao voceiro socialista, Óscar Vilar, quen dixo que o club xa tiña outras instalacións e reclamou unha ordenanza reguladora do uso desa instalación para evitar o desuso e fomentar a súa utilización por outras entidades e pola veciñanza.

Cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e o voto en contra do PSdeG desestimáronse os recursos de reposición contra a ordenanza que regula as axudas aos traballadores autónomos que tiveron que pechar durante a pandemia, ás que o Concello destina 100.000 euros de fondos propios.

Os socialistas volveron criticar que as bases só contemplen axudas para pagar as cotas da seguridade social e o alugueiro. O alcalde volveu replicar que estas axudas (que se poden compatibilizar coas doutras administracións) son para sufragar eses gastos, e quen non tivera que pagar Seguridade Social ou alugueiro, non podería pedilas. “Outras administracións xa subvencionan o gasto corrente”, indicou Taboada, quen adiantou que ata o momento xa se pediron axudas por importe duns 30.000 euros.

Por unanimidade aprobouse no pleno modificar a ordenanza do IBI (contribución), para incluír no artigo catro a posibilidade de acollerse ás subvencións ou rebaixas que contempla a lexislación vixente.

BNG e PSdeG presentaron sendas mocións reclamando unha ordenanza que estableza e regule axudas para sufragar parte dos gastos que representa a volta ao colexio, sobre todo para as familias con menos recursos, como libros, material escolar, equipos de protección ou ordenadores ou equipos informáticos.

“O equipo de goberno é consciente da dificultade que representa a volta ao colexio para todas as familias”, dixo o alcalde na réplica, e recordou que grazas ao banco de libros, a maioría dos libros son gratuítos para as familias, e que a Xunta de Galicia puxo a disposición do alumnado 50.000 ordenadores con conexión, e pronto porá outras 50.000 unidades.

O alcalde recordou que despois da petición formulada pola ANPA o pasado luns, o Concello vai mercar máscaras reutilizables de protección para todo o alumando (284 nenos e nenas) de Primaria e ESO, e está analizando mercar pantallas de protección para o alumnado de Infantil. Ademais, recordou que o Concello xa puxo pantallas protectoras no comedor do CPI Camiño de Santiago.

Por este motivo, o equipo de goberno rexeitou esta moción. O alcalde recordou que todas as familias do Pino que estean en dificultades poden poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais, para tramitar axudas que “poden ser ata do 100% do gasto para o inicio do curso escolar”.

O PP rexeitou unha moción do BNG reclamándolle a Xunta que tome medidas para evitar os cheiros que saen dos terreos da mina de Touro, que apoiaron PSOE e BNG. A moción do PP reclamando a aprobación dunha lei que garanta a propiedade privada e acaba coa ocupación de vivendas saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno e en contra da oposición.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino abre a inscrición para as actividades deportivas de escolares e adultos, que terán grupos reducidos
O Pino recupera a actividade musical cun concerto de Ilona Timchenko e Marina Fernández e outro de Susana Seivane »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego