Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino promove cursos de primeiros auxilios ao asinar un convenio con investigadores do Sicrus

Novas

12/05/2026
12 Mai

O obxectivo é mellorar a capacidade de resposta da poboación en situación de emerxencias e favorecer a transferencia de coñecemento  ||  

En xuño impartirase unha formación de soporte vital básico dirixida ao alumnado de ESO e, no segundo semestre, outra para a veciñanza  ||  

No vindeiro curso darase formación ao profesorado do colexio para que este, a súa vez, poida preparar ao alumnado  ||  

Pola dereita: David Castiñeiras (técnico deportes), Antonio Rodríguez Núñez (investigador principal do Sicrus), Manuel Taboada Vigo (alcalde) e Santiago Martínez Isasu (investigador do Sicrus)

 

Investigadores do Sicrus van impartir durante o mes de xuño un curso de primeiros auxilios e soporte vital básico entre o alumnado da ESO do CPI Camiño de Santiago e, no segundo semestre deste ano, outra entre a veciñanza do Pino coa finalidade de formar a poboación en situacións de emerxencias e favorecer a transferencia de coñecemento a poboación xeral que pode axudar a salvar vidas en momentos críticos.

Esta actuación encádrase no convenio de colaboración asinado entre o Concello e o Grupo de Investigación en Simulación, Soporte Vital e Coidados Intensivos (Sicrus), un dos grupos emerxentes do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) do Sergas e da USC.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o investigador principal do Sicrus, Antonio Rodríguez Núñez, presentaron publicamente este convenio, que ten unha vixencia de dous anos e fíxase como obxectivo impulsar actividades formativas e de transferencia de coñecemento no ámbito da saúde e da seguridade.

O convenio entre Concello e Sicrus permitirá “formar á veciñanza do Pino para saber como responder ante situacións de emerxencia que se dan no noso día a día, e adquirir uns coñecementos básicos que nos axuden a salvar vidas”, explicou Manuel Taboada durante a presentación. Con esta iniciativa “queremos seguir avanzando cara a un municipio máis preparado, seguro e comprometido coa saúde comunitaria”, engadiu Manuel Taboada, que puxo tamén como exemplo os desfibriladores que xa instalou o Concello en edificios e centros públicos, como os campos de fútbol, os polideportivos, a casa consistorial ou a casa de cultura, entre outros.

Pola súa banda, o investigador principal do Sicrus e xefe da UCI pediátrica do CHUS, Antonio Rodríguez Núñez, resaltou que o obxectivo deste convenio e facilitar a transferencia de coñecemento entre investigadores e profesionais da sanidade e a poboación en xeral. “Queremos contribuír a mellorar a capacidade de resposta das persoas ante situacións de emerxencia, formándoas para actuar de maneira rápida e eficaz en situacións críticas como primeiros intervenientes e como activadores da cadea de supervivencia, reforzando así a seguridade e a capacidade de reposta comunitaria ante eventos críticos. Moitas veces son pequenos consellos e técnicas sinxelas que, aplicándoas no momento oportuno, axudan a salvar vidas”, asegurou Antonio Rodríguez.

Ademais da actuación prevista co alumnado da ESO e coa veciñanza nos vindeiros meses, o convenio contempla para o próximo curso escolar impartir unha xornada de formación en primeiro auxilios e soporte vital básico entre profesorado do CPI Camiño de Santiago. Despois, o profesorado formará a nenos e nenas do colexio de Arca durante algunhas semanas antes de que os investigadores do Sicrus poidan avaliar o aprendizaxe adquirido polo alumnado e como se compartiron os coñecementos entre todas as persoas participantes. Tamén se contempla impartir máis cursos dirixido á veciñanza en xeral.

O convenio establece que o Concello do Pino facilitará os espazos e recursos necesarios para impartir a formación, así como a organización da mesma, mentres que o equipo do Sicrus será o encargado de deseñar e impartir as accións formativas, ademais da súa avaliación, en caso de ser necesaria.

Na presentación deste convenio, celebrada no salón de plenos do Concello, tamén participaron o investigador do Sicrus Santiago Martínez Isasu e o técnico municipal de Deportes, David Castiñeiras.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O alcalde felicita as xogadoras e xogadores do Pino que gañaron en Holanda o Campionato Europeo de fútbol gaélico en categoría cadete
Aberto o prazo de inscrición para o Campus de Verán do RC Celta no Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés