O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino promociona o comercio local cun vídeo no que son protagonistas os autónomos locais

O Pino promociona o comercio local cun vídeo no que son protagonistas os autónomos locais

Novas

05-06-2020
5 Xuñ
  • Os desaséis comerciantes protagonistas do vídeo recordan que “apoiando o produto local sairemos todos xuntos e máis fortes” desta pandemia || 

  • “O mellor remedio e a solidariedade e o sentidiño” para deixar atrás esta situación, “como xa superamos doutras” engaden || 

  • “É o momento de ter os pés na terra e de pensar na xente que tes máis preto” para seguir avanzando “paso a paso, botándonos todos unha man” || 

O Concello de O Pino acaba de editar un vídeo para promocionar o comercio local, no que os propios empresarios, comerciantes, hostaleiros, agricultores e veciñanza relatan a importancia de apostar polo produto de proximidade e de confianza nun momento no que toca sumar forzas para “saír desta situación e pensar na xente que temos máis preto”.

A pandemia da covid-19 mudou todo de repente. O Camiño de Santiago quedou sen peregrinos. Moitos comercios tiveron que pechar durante o estado de alarma, e outros seguiron abertos para subministrar produtos esenciais á veciñanza. Agora que estamos volvendo a unha nova normalidade toca “poñer os pés na terra” para valorar o realmente importante, “coidar a quen queres, coidar onde vives e coidar o que comes”, deixándose arroupar e aconsellar por quen mellor nos coñece, os comerciantes e empresariado local.

Durante os case catro minutos que dura o audiovisual, o Concello quere resaltar, dándolle voz aos autónomos e emprendedores, que nestes intres de incerteza é o momento de apoiar ao noso comercio, a quen temos máis preto: “aos nosos labregos, aos nosos gandeiros, á nosa xente”. Como din os propios comerciantes do Pino no vídeo “estivemos ás duras e ás madura, sempre aí para que non nos falte de nada”.

Empresarios e comerciantes do Pino recordarnos que a saúde empeza na cesta da compra e que “apoiando o produto local sementamos un futuro” que afrontaremos máis fortes se estamos unidos. “O mellor remedio é a solidariedade e o sentidiño” para saír dunha situación difícil, como xa superamos outras no pasado.

Tamén para os nenos a saúde é o máis importante, pero recórdannos que “agora máis que nunca é importante coidar o concello” para que todos xuntos ser quen de seguir avanzando, recuperar as nosas vidas, e tamén a do Camiño de Santiago, que durante estes meses quedou baleiro de peregrinos. “Paso a paso, botándonos todos unha man”, O Pino volverá recuperar o seu latexo, di unha das protagonistas.

O alcalde, Manuel Taboada, pídelle á veciñanza que aposte polo comercio local. “Xuntos superaremos esta nova etapa do Camiño”, pero recorda que hai que facelo “con sentidiño” para non desandar o xa avanzado. “É tempo de pensar na xente do Pino, na que temos máis preto”, asegura o alcalde, que lle agradece á veciñanza todo o apoio que prestou e as aportacións que fixo durante o confinamento.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino reabriu a biblioteca municipal cun protocolo de actuación fronte á covid-19
O Pino colocou dispensadores de xel na rúa e entregoulle outro a cada comercio aberto »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés