O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino presenta os proxectos para residencia e centro de día de maiores por 2,7 millóns de euros

O Pino presenta os proxectos para residencia e centro de día de maiores por 2,7 millóns de euros

Novas

22-04-2022
22 Abr

Pídelle á Xunta unha achega de 1,8 millóns e aportará outros 900.000 euros de fondos propios  ||  

O edificio para residencia contará con 30 prazas, con 18 cuartos individuais e 6 dobres en 1.265 metros cadrados útiles  ||  

O centro de día terá tamén 30 prazas, nunha superficie de 415 metros cadrados  ||  

Construiranse en Arca e o alcalde espera que entren en funcionamento durante o ano que ven  ||  

O Concello de O Pino remitiu á Consellería de Política Social dous proxectos para construír unha residencia de maiores e un centro de día, de 30 prazas cada un deles, “que permitirán cubrir as necesidades que temos de atención ás persoas maiores na actualidade e nos vindeiros anos”, segundo explica o alcalde, Manuel Taboada. Os dous edificios supoñen unha investimento de 2,69 millóns de euros, dos que o Concello aportará case 900.000 euros de fondos propios e solicítalle á Xunta de Galicia unha financiación de 1,8 millóns de euros.

Os dous edificios que albergarán a residencia e o centro de día construiranse na parroquia de Arca, nunha parcela de propiedade municipal, e supoñen, en conxunto, preto de 1.700 metros cadrados útiles. Terán 30 prazas cada un deles. O Concello xa enviou os anteproxectos a Xunta, como informou o alcalde no último pleno, para acollerse ao convenio marco asinado pola Consellería de Política Social e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

A residencia de maiores está proxectada nun edificio de dous andares, cun total de 1.265 metros cadrados útiles, e contará con 9 dormitorios individuais e 3 dobres en cada unha das plantas, o que fai un total de 18 cuartos individuais e 6 dobres para as 30 prazas. Ademais, contará con comedor, lavandería e despachos, entre outros espazos de uso común.

O orzamento estimado no anteproxecto remitido á Consellería para a construción da residencia ascende a 2.040.250 euros, dos que o Concello aportará 840.250 euros de fondos propios.

Polo que respecta ao centro de día, o anteproxecto contempla a construción dun edificio dunha soa planta, de 414,83 metros cadrados útiles. Contará cun comedor, sala de rehabilitación, sala polivalente e outros espazos para poder atender a 30 persoas.

O orzamento para a súa construción ascende a 651.957,20 euros, dos que o Concello aportará 51.957,20 euros de fondos propios e os 600.000 restantes solicítallos á Xunta de Galicia.

Manuel Taboada recorda que na reunión mantida o pasado mes de decembro, a conselleira de Política Social, Fabiola García, veu factible apoiar estas infraestruturas “tan necesarias para atender aos maiores do noso municipio”.

Segundo Manuel Taboada, “estámoslle a dar dúas alternativas á veciñanza. As persoas que desexen vivir na residencia poderán solicitar unha praza nela. Mentres que quen prefira permanecer no seu fogar, terá a opción do centro de día para desfrutar das actividades que se van programar no mesmo unha vez estea en funcionamento”.

“Tanto a residencia como o centro de día son vellas demandas dos maiores do Pino que agora poderán facerse realidade se contamos co apoio da Xunta, como manifestou a conselleira”, asegura Manuel Taboada. Os dous edificios están proxectados “para atender a demanda existente actualmente no Pino e tamén a dos vindeiros anos”, engade. O prazo de execución das obras é dun ano, polo que “agardamos que estean en funcionamento ano que ven”, conclúe o alcalde.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino acolle en maio unha nova edición do curso ‘Camiños de coñecemento’ para maiores de 50 anos
O Pino e Arzúa só abrirán os polideportivos para os peregrinos cando se esgoten as prazas nos aloxamentos públicos e privados dos municipios »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés