Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino pediralle ao Ministerio de Fomento que execute melloras na N-547 na travesía de Arca

Novas

30/12/2021
30 Dec

Coa emenda do PP á moción do PSdeG o Pleno aprobou solicitar a humanización das travesías de Lugo e Santiago na capital municipal  ||  

Unanimidade na defensa do sector lácteo e solicitarlle ao Ministerio de Agricultura que se cumpra a normativa europea para garantir un prezo xusto para os gandeiros  ||  

Os tres grupos apoiaron os proxectos para executar as obras dos 3 millóns de euros de fondos propios en sendas peonís e melloras viarias  ||  

Dúas explotacións gandeiras verán rebaixada a contribución  ||  

O recibo da auga incrementarase no IPC o vindeiro ano  ||  

A Corporación do Pino celebrou, na última sesión ordinaria do ano, aprobou por unanimidade todos os puntos, agás a abstención da oposición no incremento do IPC no recibo da auga para o vindeiro ano. Todos os grupos votaron a favor para aprobar os cinco proxectos presentados para executar o plan de obras de 3 millóns de euros con fondos propio co que o Concello vai crear 12 novos quilómetros de sendas peonís e mellorar diferentes estradas municipais.

Así mesmo, os tres grupos converteron en acordo plenario a solicitude ao Ministerio de Fomento para que acometa obras de mellora na travesía da N-547 ao seu paso pola capital municipal, Pedrouzo. O PP incorporou unha emenda á moción que presentara o PSdeG para solicitarlle ao Ministerio que financie as necesarias actuacións de humanización das avenidas de Lugo e Santiago, como poden ser eliminación de barreiras arquitectónicas, novas redes de sumidoiros, pasos de peóns elevados, novo mobiliario urbano ou novas beirarrúas. Os tres grupos coincidiron en que Fomento, que é o titular da estrada, leva moitos anos sen facer ningunha acción de mellora neste tramo.

O incremento do IPC no recibo da auga para o ano que ven foi aprobado cos votos a favor do PP e a abstención de PSdeG e BNG, mentres que a rebaixa da contribución para as dúas explotacións gandeiras que presentaron a solicitude con toda a documentación necesaria aprobouse por unanimidade.

A iniciativa en defensa do sector lácteo para solicitarlle á Xunta e ao Goberno central que habiliten medidas que establezan prezos que cubran, polo menos, os costes de produción aos gandeiros e que se poña en marcha o Observatorio Lácteo Galego e se reforce a promoción dos produtos lácteos galegos (entre outras medidas) foi aprobada por unanimidade, unha vez que o grupo socialista aceptou incluír a emenda do Partido Popular.

Dende o grupo popular, o alcalde solicitou incluír un punto solicitándolle ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que habilite mecanismos que garantan o cumprimento da normativa comunitaria e a disposición da Lei da cadea alimentaria (en tramitación no Senado) para que, como mínimo, os prezos lle cubran aos gandeiros os custos de produción.

O plan de obras, por un importe de 3 millóns de euros de fondos propios, fora aprobado no pleno extraordinario do 3 de decembro. Na sesión de onte aprobáronse os cinco proxectos técnicos que inclúen a maioría destas actuacións (case 2,7 millóns) e que deben ser aprobados polo Pleno dado a contía de cada un mes. A relación de obras deste plan municipal pódense consultar neste enlace (preme aquí).

Este ambicioso plan de actuación municipal contempla a construción de 12 novos quilómetros de sendas peonís (polo que cada unha das parroquias do municipio terá unha infraestrutura deste tipo para garantir a seguridade vial dos peóns) e tamén arranxos en estradas de titularidade municipal e no interior dalgúns núcleos de poboación.

Pleno ordinario de O Pino solicitándolle a Fomento melloras na travesía da N547 en Arca

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« FAÍSCA [nº13/2021]
Os Reis Magos visitarán O Pino e percorrerán todas as parroquias ao longo do mércores día 5 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés