Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino pecha con éxito unha nova edición de Viaxando coa cativada tras oito xornadas de lecer educativo en distintos puntos de Galicia

Novas

28/08/2026
28 Ago
  • O programa de conciliación do Concello ofreceu a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos unha excursión cada semana durante os meses de xullo e agosto

  • Praias, museos, espazos naturais e parques formaron parte dunha programación gratuíta que rematou este mércores, 26 de agosto, cunha última excursión ao Pazo Park Dinoslandia, en Lugo

O Concello do Pino acaba de pechar con éxito a terceira edición de Viaxando coa cativada, o programa municipal de conciliación que durante os meses de xullo e agosto permitiu á rapazada da localidade desfrutar de oito xornadas de lecer educativo en diferentes puntos de Galicia. A iniciativa, dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, desenvolveuse todos os mércores do verán e combinou actividades recreativas, visitas culturais, divulgación científica, natureza e praia.

A programación puxo o seu broche final este mércores, 26 de agosto, cunha saída ao Pazo Park Dinoslandia, en Lugo, onde a rapazada desfrutou dun día cheo de diversión entre piscinas de bólas, inchables, tirolesas, tobogáns e outras propostas pensadas para xogar e compartir.

Esta última excursión completou un percorrido que comezou o 8 de xullo na praia de Tanxil, en Rianxo, cunha primeira xornada na que os baños se combinaron con xogos grupais. Unha semana despois, o 15 de xullo, a cativada viaxou ata A Domus, na Coruña, onde puido achegarse á ciencia dunha maneira lúdica e participativa.

O 22 de xullo o destino foi o Museo do Humor de Fene, onde os rapaces e rapazas descubriron o mundo do humor gráfico a través das súas exposicións e coñeceron máis de preto o traballo de ilustradores e humoristas. A programación de xullo pechouse o día 29 cunha visita ás Fragas do Eume, un dos espazos naturais máis singulares de Galicia, que permitiu á rapazada desfrutar dunha xornada en contacto directo coa natureza.

Xa en agosto, o programa continuou o día 5 cunha excursión a Avifauna, en Outeiro de Rei, onde os nenos e nenas se achegaron ao mundo das aves e coñeceron diferentes especies. O mércores 12 a expedición trasladouse ata San Sadurniño para descubrir a Fraga Máxica de Cortiña, cunha proposta na que o xogo serviu tamén para fomentar o respecto, o coñecemento e o coidado do medio natural.

O 19 de agosto foi a quenda dunha nova xornada de praia. Nesta ocasión, a cativada do Pino pasou o día na praia de Gandarío, en Bergondo, desfrutando de actividades ao aire libre antes de afrontar á semana seguinte a última parada do programa no Pazo Park Dinoslandia.

Unha iniciativa gratuíta para as familias

En total, Viaxando coa cativada realizou oito saídas durante os meses de xullo e agosto, contando en cada unha cun máximo de 50 participantes e sendo a iniciativa gratuíta para as familias.

Nestas excursións, a rapazada do Pino tivo a oportunidade de coñecer contornas naturais, museos, praias e espazos de lecer moi diferentes, sumando en cada saída novas experiencias, aprendizaxes e momentos de convivencia. Un verán de viaxes no que, ademais da diversión, se fomentaron valores coma o compañeirismo e o respecto pola natureza e polos animais.

O programa, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Igualdade dentro do Plan Corresponsables, é unha aposta firme do Concello do Pino por ofrecer alternativas de lecer educativo que faciliten a conciliación das familias durante os períodos non lectivos, á vez que lle permiten á infancia desfrutar de novas experiencias fóra do municipio.

Tras un balance do máis positivo, Viaxando coa cativada despídese ata unha próxima edición deixando na mochila dos rapaces e rapazas un bo feixe de aventuras, risas, aprendizaxes e recordos compartidos ao longo de todo o verán.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino licitará nos vindeiros días a construción do novo local social de San Mamede de Ferreiros tras asinar o convenio coa Consellería de Cultura
O Pino celebra o sábado 12 de setembro a V Festa da Familia Papaventos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés