Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino organiza un concurso de murais urbanos con motivo da Festa do Galo Piñeiro

Novas

03/07/2025
3 Xul
  • Poderán participar persoas residentes en España maiores de 16 anos que teñan feito outros murais ao aire libre  ||  
  • A persoa gañadora recibirá 2.000 euros de premio e ata 700 € para pintura, e deberá rematar a obra antes do 1 de agosto  ||  
  • A zona elixida para facer o graffiti é o muro de 43 metros cadrados que está no espazo de lecer da rúa do Concello  ||  
  • As obras versarán sobre o Concello do Pino como última etapa do Camiño Francés ou sobre a Festa do Galo Piñeiro  ||  

O mural pintarase no espazo de lecer ecolóxico na rúa do Concello en Arca

 

O Concello do Pino inicia a súa aposta pola arte urbana para decorar espazos públicos e convoca o primeiro Concurso de Murais coincidindo coa celebración da Festa do Galo Piñeiro os días 2 e 3 de agosto. A este certame, dotado cun premio de 2.000 euros, ademais da pintura necesaria, poderán presentarse persoas maiores de 16 anos residentes en España que acrediten experiencia no pintado de graffitis. (Bases do concurso neste enlace)

O obxectivo deste concurso é visibilizar, a través das técnicas do graffiti e mediante a creación dun mural urbano, as características que rodean ao Concello do Pino. Nesta primeira edición, as persoas participantes deberán presentar propostas relacionadas co Pino como última etapa do Camiño Francés ou coa Festa do Galo Piñeiro, declarada de Interese turístico de Galicia.

Os artistas que queiran participar neste Concurso de Murais Concello do Pino, unha vez que saia publicado no Boletín Oficial da Provincia o extracto da convocatoria, terán un prazo de quince días laborais para remitir as súas propostas ao Concello, xunto con fotografías de traballos que xa fixeran previamente para acreditar a súa técnica e cualificación.

Un xurado formado por cinco persoas será o encargado de elixir a persoa gañadora deste certame, que deberá rematar o seu traballo antes do 1 de agosto de 2025. Este día presentarase oficialmente o mural e difundirase a través das redes sociais e da páxina web do Concello.

O graffiti deberá pintarse no muro duns 43 metros cadrados que está no espazo de lecer ecolóxico situado na rúa do Concello. Trátase dunha parede de 1,40 metros de alto por uns 31 metros de longo.

As obras terán que ser orixinais do artista e inéditas, de xeito que non fosen recreadas nunha parede con anterioridade nin premiadas noutros concursos. O Concello do Pino entregaralle un premio en metálico de 2.000 euros á persoa gañadora desta primeira edición, e asumirá tamén os gastos da pintura (ata un máximo de 700 euros) ademais de facilitar os sistemas necesarios (escadas) para acceder á área onde plasmar a obra.

O mural pintarase no espazo de lecer ecolóxico na rúa do Concello en Arca

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Reserva dos pavillóns, pista de pádel e piscina municipal
O Pino rende homenaxe na Xuntanza dos Maiores a Perfecto López, Carmen Vázquez, Alicia Tato e Jesús Salvado »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés