O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino oferta cursos de bolillos, costura e bordado ao aire a partir de outubro

O Pino oferta cursos de bolillos, costura e bordado ao aire a partir de outubro

Novas

25-09-2020
25 Set
  • A sétima edición de ‘Camiña e Descubre’ aprázase ata principios do ano que ven  || 

  • O Clube dos Venres e o Nadal Benéfico seguen formando parte do ampla programa cultural do outono || 

O vindeiro luns, 28 de setembro, o Concello de O Pino abre o prazo de inscrición para os cursos de bolillos, bordado ao aire e costura que se impartirán durante o outono no centro sociocultural Luís Seoane de Arca, e que este ano contarán con grupos reducidos para respectar a normativa da covid-19.

A artesá Ana Rosa Lista será a encargada de impartir un ano mais o curso de bolillos, que se vai celebrar os mércores na casa de cultura. Ana Rosa é unha artesán con gran formación, experiencia e varios premios dentro do mundo do encaixe e o bordado, a que o Concello de O Pino lle rendeu unha homenaxe o pasado mes de decembro. Un acto no que a artesá anunciou que lle regalaba ao Concello unha réplica do cadro de Luís Seoane ‘O gaiteiro de Arca’ que a artesá fixo con encaixe.

Ana Rosa tamén continuará co curso de bordado ao aire, que se vai celebrar os mércores. As persoas interesadas en formarse e perfeccionar a súa técnica cos bolillos e de bordado deberán pagar 30 euros.

O curso de costura impartirase os xoves pola tarde e tamén os martes ou mércores pola mañá, data que se concretará cando remate o prazo de inscrición. O prezo deste curso é de 20 euros.

Para evitar a propagación do coronavirus e cumprir coa normativa covid-19 que establecen as autoridades sanitarias, o curso de bolillos contará cun máximo de 6 persoas por grupo, e o de costura cun máximo de 5. Será obrigatorio o uso de máscara e as persoas que se matriculen deberán asinar unha declaración responsable para cumprir cos protocolos que diten as autoridades sanitarias. Os impresos de matrícula e demáis documentación requerida pódese cubrir descargando os arquivos adxuntos.

Dende a Concellaría de Cultura tamén se quere reactivar o Club dos Venres, para favorecer un espazo de intercambio e lecer entre a veciñanza de máis de 50 anos, con xogos de cartas, conversas ou saídas que se irán adaptando a situación da pandemia provocada pola covid-19.

Neste mesma liña, a sétima edición do programa Camiña e Descubra retomarase a principios do ano que ven, se a situación o permite. A intención é seguir percorrendo e descubrindo as paisaxes que se poden contemplar facendo diferentes tramos do Camiño de Santiago.

A partir do día 1 de decembro volverase a organizar de novo o Nadal Benéfico, que ademais de actividades lúdicas e culturais promove a recollida solidaria de produtos non perecedoiros, de limpeza e de hixiene para distribuír despois, entre as familias con menos recursos do municipio durante o resto do ano.

Dende o 1 de decembro e ata o 31 de xaneiro de 2021, habilitarase un caixón na casa da cultura para que todas as persoas interesadas poidan colaborar con esta iniciativa. Durante o resto do ano, o departamento de Servizos Sociais do Concello encárgase de distribuír estes produtos donanes entre aquelas familias que pasen situacións de apuro ou necesidade.

Icon

Inscrición cursos Cultura outono 2020

1 file(s) 145.76 KB
Download
Icon

Declaración responsable covid-19

1 file(s) 96.79 KB
Download
Icon

Información cursos outono Concellaría Cultura

1 file(s) 122.22 KB
Download

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Viaqua informa que a turbidez da auga da traída foi polas choivas destes días e xa está arranxada
O Concello de O Pino atende a petición da ANPA e mercará máscaras para todo o alumnado do CPI »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés