Un grupo de 25 persoas fixeron os 14 quilómetros que separan A Calzada coa casa de cultura de Arca ||
Pola tarde, os menores gozaron cos xogos populares organizados no polideportivo de Reboredo ||

O Concello do Pino móvese este 17 de maio coas Letras Galegas organizando unha andaina polo Camiño Francés e xogos populares para a cativada.
Un grupo de 25 persoas participaron na andaina entre a Calzada (no límite do municipio con Arzúa) e a casa de cultura de Arca, percorrendo 14 quilómetros polo Camiño Francés, coincidindo con numerosos peregrinos.
As actividades, organizadas polo departamento de Deportes, completáronse pola tarde con xogos populares para desfrutar en familia no polideportivo de Reboredo (en Arca) cos que gozaron nenos e nenas.
Máis fotos na páxina de Facebook do Concello do Pino


