O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino levará os dous puntos limpos móbiles polas trece parroquias do municipio

O Pino levará os dous puntos limpos móbiles polas trece parroquias do municipio

Novas

09-11-2021
9 Nov
  • A veciñanza poderá reciclar así pequenos obxectos como tóner, pilas, baterías, teléfonos móbiles, lámpadas, aceite usado e outros || 

  • A Xunta de Galicia financiou con 16.000 euros a compra destes dous remolques, dotados con sete compartimentos cada un  ||  

O Pino estrea minipuntos limpos para reciclar pequenos produtos altamente contaminantes

O Concello de O Pino conta dende hoxe con dous puntos limpos móbiles para favorecer a reciclaxe de pequenos refugallos de diferentes tipoloxías nas trece parroquias do municipio. O alcalde, Manuel Taboada, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto,  puideron ver os dous remolques dotados con sete compartimentos no que a veciñanza poderá depositar aceite usado, fluorescentes, tóner de impresora, pilas e baterías ou pequenos electrodomésticos ou teléfonos móbiles, entre outros.

A Xunta financiou con máis de 16.000 euros a adquisición destes puntos limpos grazas ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental.  Segundo explicou a directora xeral, Natalia Prieto, o Concello solicitounos pola necesidade de dotar de equipamentos e infraestruturas necesarias no que depositar os residuos contaminantes, que polas súas características, non se poden tirar nos contedores convencionais. Con este dous remolques esperase mellorar a xestión de residuos altamente contaminantes xerados por particulares (fluorescentes, lámpadas, aceites, aerosoles, latas contaminadas, pilas, baterías cartuchos tinta, etc., de difícil recollida e xestión) ao poder desprazar estes puntos limpos móbiles polos diferentes lugares do concello.

O Pino estrea minipuntos limpos para reciclar pequenos produtos altamente contaminantes

O alcalde, Manuel Taboada, indicou que estes dous puntos limpos móbiles vanse situar dous días en cada parroquia do municipio, naqueles puntos máis céntricos ou visitados pola veciñanza para fomentar a reciclaxe de pequenos obxectos e contribuír, deste xeito, coa protección do medio ambiente. Taboada sinalou que no novo contrato de recollida de lixo farase tamén unha planificación para mellorar a recollida de plásticos dos silos e de residuos voluminosos, como poden ser colchóns e outros obxectos..

A directora xeral de Administración Local lembrou que o Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha pola Xunta en 2010 para distribuír os ingresos do canon eólico e permitiu ata agora cofinanciar máis de 2.300 proxectos por máis de 108 millóns de euros. Nesta liña, engadiu que estes proxectos teñen un efecto exemplarizante ao contribuír a concienciar á veciñanza da repercusión sobre o medio ambiente das medidas de eficiencia enerxética e de impulso da sustentabilidade ambiental nas administracións públicas, en concreto, nas entidades locais.

No concello de O Pino, o investimento da Administración autonómica supera os 351.000 euros no marco da colaboración coas entidades locais para axudarlles a levar a cabo proxectos vinculados con melloras ambientais ou en infraestruturas destinadas á prestación de servizos municipais.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino intégrase na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes
Amplíase ata o 30 de novembro o prazo de solicitudes do programa Xuntos polo Nadal para maiores que viven sós »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés