O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino leva capturadas 1.400 raíñas de velutina no ecuador da campaña de extinción impulsada polo Concello

O Pino leva capturadas 1.400 raíñas de velutina no ecuador da campaña de extinción impulsada polo Concello

Novas

14-05-2021
14 Mai
  • No cómputo entran só as cen trampas que colocou a empresa Serpa, pero se repartiron outras mil entre os veciños //

  • Ata o momento realizáronse tres recollidas e quedan outras tantas por facer //

  • Nesta época hai que estar atentos aos voladizos de tellados, hórreos e galpóns //

Campaña contra a vespa velutina no Concello do Pino

Máis de 1.400 raíñas de avespa velutina leva capturadas Serpa Galicia desde que comezou a campaña de extinción no Pino a finais de marzo. Esta empresa colocou cen trampas en lugares estratéxicos do municipio e revísaas cada quince días para comprobar a súa efectividade e renovar o atraínte.

A campaña iniciouse o 29 de marzo coa colocación dos puntos de trampeo, logo de estudar as mellores localizacións atendendo a unha posible maior incidencia ou porque resultaran máis perigosos para a veciñanza. Escolléronse así árbores en floración e lugares próximos a regatos, igrexas ou ao Camiño de Santiago.

Ata o momento realizáronse tres recollidas, a última o pasado luns, que deron como resultado un total de 1.404 raíñas capturadas (retiráronse 480 o 12 de abril, outras 633 o 26 de abril e, por último, 291 o 10 de maio). Quedan aínda por facer tres recollidas máis.

Os técnicos aproveitan estas visitas ás trampas que teñen xeolocalizadas para repoñer a mistura que atrae as avespas e facer axustes coa fin de aumentar a súa efectividade, por exemplo cambiando a lugar de colocación polos cambios na floración.

Mil trampas para os veciños

Ademais deste labor directo da empresa de extinción, a campaña complétase con outro milleiro de trampas que o Concello repartiu entre os veciños. Xunto coas mesmas, os particulares recibiron instrucións para replicalas e facer atraíntes caseiros. Coa fin de que non queden abandonadas, Serpa Galicia resolve as súas dúbidas por wasap e anímaos a mandar fotos das capturas que fan.

Pablo Iglesias, responsable da empresa, sinala, non obstante, que o seguimento por parte dos veciños é bastante escaso. “Apúntanse moitos pero logo deixan as trampas sen atender, sobre todo se non ven resultados inmediatos”, explica. Insiste en que non vai haber avespas se vai frío e que é moi importante revisar o atraínte e repoñelo. “Aínda que a mezcla que se fai nas casas pode ser menos efectiva ca nosa, compénsano poñendo máis trampas”, manifesta.

Conta Pablo Iglesias que na última recollida constataron que están empezando a aprecer obreiras de primeiro panal. Por iso, urxe os veciños a revistar voladizos de tellados, hórreos e galpóns.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Deputación financia os Servizos Sociais municipais cunha achega de 61.136 euros
O Pino aproba o proxecto da depuradora de Arca, cunha inversión de 2,1 millóns íntegra da Xunta »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés