O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino leva á veciñanza ao balneario de Cuntis para gozar do maior circuíto lúdico-termal de Galicia

O Pino leva á veciñanza ao balneario de Cuntis para gozar do maior circuíto lúdico-termal de Galicia

Novas

11-05-2022
11 Mai

Poderá acudir a cinco sesións que se desenvolverán todos os mércores pola tarde entre o 18 de maio e o 15 de xuño // O Concello sufraga o autobús, que sairá ás 16.30 horas //

Vai de auga é a iniciativa pola que o Concello do Pino convida á veciñanza a gozar dos beneficios das augas termais do balneario de Cuntis en cinco sesións que se desenvolverán outros tantos mércores de maio e xuño. O Concello sufraga o autobús para o desprazamento ata a localidade pontevedresa para que as persoas participantes poidan desfrutar do circuíto lúdico-termal do Acquaform, o complexo acuático de augas terapéuticas máis grande de Galicia.

Esta actividade, que foi interrompida pola pandemia nos últimos anos e agora se retoma, levarase a cabo todos os mércores pola tarde entre o 18 de maio e o 15 de xuño, con saída en autocar dende a praza do Concello do Pino ás 16.30 horas e regreso ao remate da sesión. O prezo para os cinco días é de 70 euros.

As prazas son limitadas e para inscribirse abonda con chamar por teléfono ao número da Casa da Cultura 981 511 065 e cubrir logo un formulario. Lémbrase que os menores deberán ter a supervisión dunha persoa adulta.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os grupos de bádminton e fútbol sala do Concello do Pino, protagonistas nas xornadas deportivas intermunicipais
O Pino organiza charlas nas parroquias coa Garda Civil con consellos de seguridade para maiores »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés