O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino instará á Xunta a implementar axudas directas á gandeiría de carne

O Pino instará á Xunta a implementar axudas directas á gandeiría de carne

Novas

29-06-2022
29 Xuñ

A proposta foi aprobada por unanimidade no pleno ao aceptar o grupo socialista unha emenda dos populares  ||  

O alcalde comprométese a poñer freo aos pisos turísticos cando exista unha base xurídica que o permita  ||  

Os socialistas retiran a súa proposta para a transición ecolóxica ante o compromiso amosado polo alcalde  ||  

O Concello rehabilitará o praia fluvial da Tarroeira e acondicionará o local se hai alguén disposto a xestionalo  ||  

O Concello do Pino aprobou co voto a favor dos tres grupos da Corporación solicitarlle á Xunta que poña en marcha axudas directas aos subsectores gandeiros de carne, que sexan complementarias e por unha contía equivalente á que as explotacións galegas van percibir en concepto de axuda excepcional a través do Real Decreto 428/2022. A proposta saíu adiante por unanimidade no pleno ordinario de onte ao aceptar o grupo socialista unha emenda do equipo de goberno popular.

O consenso desapareceu cando se debateu a regulación das vivendas de uso turístico. O grupo socialista solicitou que se regule este tipo de vivendas e cualificou de “competencia desleal de cara a pensións, hostais e albergues” a existencia desta forma de negocio, que en moitas ocasións “operan de xeito irregular”.

O alcalde dixo que este tema era e segue a ser “unha preocupación para o goberno municipal” ao tempo que asegurou que é unha cuestión extraordinariamente difícil de resolver non só para O Pino, “senón para todos os concellos da Mancomunidade do Camiño Francés”.

A secretaría do concello aclarou que a única forma de regular estas vivendas é mediante unha lei (de ámbito estatal ou autonómico) ou dunha ordenanza municipal. Manuel Taboada aclarou que o goberno municipal está estudando propostas de ordenanzas doutros concellos, pero que non atopan ningunha. “Se algún de vostedes coñece unha ordenanza dalgún concello, no Pino seremos os segundos en adaptala”, díxolle aos concelleiros da oposición.

Na rehabilitación da praia fluvial da Tarroeira houbo tamén algo de consenso. Dende o grupo socialista, Noris Núñez, propuxo a rehabilitación da zona e do local que no seu día exercía de cantina, que quedou abandonado hai anos. O alcalde compartiu a análise da concelleira, explicando que a zona da praia, incluído o parque infantil, xa se está executanto o seu acondicionamento. Respecto do antiga cantina dixo que se rehabilitará cando haxa alguén disposto a explotala e facerse cargo dela.

O último punto da orde do día fixo referencia a proposta do grupo socialista para fomentar a transición enerxética no municipio instalando un posto autónomo de reparación e mantemento de bicicletas e colocar puntos de recarga para vehículos eléctricos. Manuel Taboada recoñeceu que o Concello ía con retraso nese aspecto, posto que o centro de reparación de bicicletas debía abrir a principios de xuño, pero vai con certo retraso. Polo que respecta as unidades de carga de vehículos eléctricos están pendentes de instalación e explotación por unha empresa que se amosou interesada en poñelos en marcha. Non obstante o equipo de goberno comprometeuse a seguir adiante neste aspecto e estudar casos de municipios máis adiantados, polo que a proposta foi finalmente retirada polo PSdeG.

Pleno ordinario O Pino 28 de xuño de 2022. Ordenanzas pisos turísticos

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’ formou a un total de 14 persoas no Pino
‘Camiñantes e cantantes’ chega o 10 de xullo ata O Pino con Pili Pampín, Lucía Pérez e La Ocaband »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés