O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / O Pino inicia o Nadal Benéfico este sábado con teatro e unha degustación gastronómica

O Pino inicia o Nadal Benéfico este sábado con teatro e unha degustación gastronómica

Novas

27-11-2018
27Nov

Teatro e gastronomía irán da man este sábado en Arca. Deste xeito inicia o Concello do Pino a programación do V Nadal Benéfico, no que se ofrece a todos os asistentes a posibilidades de colaborar coas familias con menos recursos do municipio. Dende as seis e media da tarde, o Club de Maiores de Boqueixón representará a obra ‘Urxencias’, na que se amosa o día a día dunha sala de urxencias dun hospital moi particular, na que o persoal médico e sanitario deberá tratar a pacientes do máis variado.

E despois de tanto trafego polas urxencias que ocorran sobre o escenario, que mellor que repoñer forzas cun caldo quente de galiña piñeira. O sábado tamén chega a Arca o Itinerario Gastronómico do Camiño Francés, promovido pola Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés e no que participa o Concello do Pino. ‘Con caldo, pan e viño… faise o Camiño’ é o lema elixido este ano para esta ruta gastronómica que percorre os diferentes municipios do Camiño Francés en Galicia, e que este sábado rematará no Pino coa degustación de caldo de galiña piñeira.

E todos aqueles veciños e visitantes que se acheguen a ver a obra de teatro ou a participar na degustación de caldo poderán participar tamén na quinta edición do Nadal Benéfico que, coma todos os anos, organiza o Concello para recoller produtos de primeira necesidade que, durante o resto do ano, se reparten entre as familias con menos recursos. No centro sociocultural Luis Seoane poderán depositarse alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza ou de hixiene persoal. O Concello manterá a recollida ata o sábado 1 de febreiro de 2019, polo que todas as persoas que queiran colaboran teñen dous meses para facelo. A partir de febreiro, e durante o resto do ano, estes produtos iranse distribuíndo entre as familias do municipio con menos recursos.

A programación de Nadal continuará o 22 de decembro con actividades para persoas de todas as idades. No polideportivo municipal de Reboredo, a partir das 16.30 horas, organizaranse xogos e actividades para os máis pequerrechos, como xogos con paracaídas, carreiras, batalla de globos ou un obradoiro de maquillaxe.

Ás sete da tarde, os participantes poderán degustar, na casa de cultura, unha excelente chocolatada e, dende as oito, asistir ao cine, para gozar coa proxección da película ‘Pérez, o ratiño dos meus soños’. Estas actividades son gratuítas para todos os que se apunten antes do 19 de decembro.

O último sábado do ano, 29 de decembro, a Banda de Música de Arca ofrecerá o xa tradicional concerto de Nadal, e o 5 de xaneiro celebrarase a Cabalgata de Reis, na que os magos de Oriente percorrerán todas as parroquias do Concello antes de falar cos máis pequenos no polideportivo de Reboredo.

Tweet
Share36
Share
Pin
36 Shares
« Veciñas e veciños de O Pino din NON á violencia de xénero
A fase comarcal do Campionato galego de campo a través escolar reúne en O Pino a 700 atletas »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

SAVE & ACCEPT
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés