O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino homenaxea a tres veciñas e un veciño nados en 1926 e 1927 na Xuntanza dos Nosos Maiores

O Pino homenaxea a tres veciñas e un veciño nados en 1926 e 1927 na Xuntanza dos Nosos Maiores

Novas

09-07-2022
9 Xul

Dolores Ferro Seijo, de 96, estivo acompañada por súa irmá Carme, que xa fixo 103  ||

Manuela Ribas, de Gonzar; Sabina Gómez e Ricardo Carnota, de Budiño, recibiron tamén unha placa conmemorativa ||

Unhas 900 persoas acudiron á vixésimo cuarta edición da festa na área recreativa da Madalena ||

Festa dos Maiores Xuntanza dos Nosos Maiores O Pino 2022

Sabina Gómez Barreiro (esquerda), Manuela Ribas Rey, Ricardo Carnota Nouche e Dolores Ferro Seijo, co alcalde e membros do equipo de goberno

 

O Concello do Pino celebrou hoxe a tradicional Xuntanza dos Maiores rendendo homenaxe a tres veciñas e un veciño nados en 1926 e 1927. Na vixésimo cuarta edición edición da festa, Dolores Ferro Seijo, veciña de Gonzar que fixo 96 anos o pasado 4 de abril, compartiu protagonismo coa súa irmá Carme, que con 103 anos é unha das aboas do municipio. Manuela Ribas Rey, tamén de Gonzar (95) e Sabina Gómez Barreiro (95) e Ricardo  Carnota Nouche (95), ambolos dous de Budiño, tamén recibiron unha placa conmemorativa pola homenaxe.

Festa dos Maiores Xuntanza dos Nosos Maiores O Pino 2022

Na área recreativa da Madalena déronse cita hoxe unhas 900 persoas para asistir a tradicional cita que organiza o Concello de O Pino para renderlle homenaxe ás persoas maiores do municipio, que nesta ocasión estivo amenizada pola Banda de Música de Touro (a de Arca está participando no Certame Internacional de Bandas de Benavente).

Festa dos Maiores Xuntanza dos Nosos Maiores O Pino 2022

Despois do concerto da banda e da misa, oficiada por Jesús Rial e Antonio Golmar, os participantes puideron degustar un menú elaborado polo Restaurante A Magdalena, de Castrofeito, que mobilizou a un equipo formado por cincuenta profesionais.

Unha vez rematado o xantar, moitas das persoas asistentes animáronse a bailar na carballeira da Madalena coa música do dúo Eva e Camilo.

Festa dos Maiores Xuntanza dos Nosos Maiores O Pino 2022

Dolores Ferro Seijo (esquerda), de 96 anos, compartiu protagonismo coa súa irmá Carme, que xa fixo 103 anos

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino recupera o programa Vai de Praia con oito saídas aos areais da costa galega
A conselleira entrégalle ao alumnado da escola infantil do Pino orlas e fotos personalizadas »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés