Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino e Boqueixón arranxarán a estrada de Loureda ata o aeroporto con axuda da Xunta

Novas

26/03/2025
26 Mar
  • Ambos concellos pedirán unha subvención de 50.000 euros para executar unha obra que ten un orzamento de 62.500  ||  

  • Aprobada a ordenanza que establece as taxas por prestar servizos de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde  ||  

  • A liquidación do orzamento do ano pasado deixa un remanente positivo de tesourería de 1.042.000 euros e un período medio de pago de facturas inferior aos 4 días  ||  

O Pleno da Corporación do Pino aprobou esta mañá a proposta para executar conxuntamente co Concello de Boqueixón a mellora da estrada de Loureda ata o aeroporto de Lavacolla e poder así a unha subvención da Xunta de ata o 80% do importe da obra. Na sesión de hoxe tamén se aprobou a ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizos de dirección de obra, pola coordinación de seguridade e saúde, inspección e liquidación de obras.

O alcalde, Manuel Taboada, indicou que unha das convocatorias de subvencións aprobada pola Xunta para mellora de infraestruturas municipais prima a agrupación de concellos. Motivo polo que O Pino e Boqueixón decidiron solicitar conxuntamente unha axuda para mellorar a estrada de Loureda ata o aeroporto de Lavacolla.

O proxecto establece un orzamento de 62.500 euros para a mellora de 1.500 metros (dos que uns 400 son do Pino) deste viario cunha capa de aglomerado en quente e limpeza de gabias. Ao solicitar conxuntamente a subvención, a Xunta pode aportar ata o 80% do importe, uns 50.000 euros.

Segundo o convenio aprobado hoxe, o Concello do Pino encargarase de toda a tramitación e contratación das obras, aportando 6.586 euros, mentres que o de Boqueixón sufragará 5.913.

Na sesión de hoxe notificouse a liquidación do orzamento municipal corresponden ao exercicio de 2024, que deixa un remanente de tesourería para gastos xerais de 1.042.016,14 euros. O alcalde destacou que a 31 de decembro do ano pasado o Concello tiña pagadas todas as facturas a provedores e que o prazo medio de pago durante o ano pasado foie de 3,57 días, moi inferior aos 30 días que establece a normativa xeral. Taboada tamén destacou que o nivel de endebedamento do Concello sobre os recursos correntes  foi dun 25%, moi lonxe do límite do 110% que establece a Lei de Facendas Locais.

Por outra banda, aprobouse a ordenanza reguladora das taxas por prestación de servizos de dirección de obra, coordinación de seguridade e saúde, inspección e liquidación de obras. A ordenanza establece unha contía do 4% do importe do proxecto no caso da dirección de obra, e do 1,5% nos casos de coordinación en materia de seguridade e saúde.

Screenshot

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino acolle o acto de cesión de desfibriladores ás Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino da Garda Civil
O Pino acollerá o 23 de abril unha charla informativa sobre a enfermidade de Parkinson »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés