O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino e Arzúa só abrirán os polideportivos para os peregrinos cando se esgoten as prazas nos aloxamentos públicos e privados dos municipios

O Pino e Arzúa só abrirán os polideportivos para os peregrinos cando se esgoten as prazas nos aloxamentos públicos e privados dos municipios

Novas

25-04-2022
25 Abr
Un grupo de peregrinos ao seu paso por Santa Irene, no Pino

Fotos folleto turismo peregrinos.
FOTO: Alicentis SL

Os alcaldes do Pino e Arzúa, Manuel Taboada e José Luis García respectivamente, tomaron a decisión de non abrir os polideportivos municipais aos peregrinos do Camiño de Santiago ata que estean esgotadas as numerosas prazas de aloxamentos públicos e privados que hai en cada un dos dous municipios. “Non lle queremos facer competencia desleal aos hostaleiros que ofrecen camas aos camiñantes dos dous concellos”, sinala Taboada Vigo. “Non ten sentido que abramos os polideportivos como aloxamento cando hai moitas prazas de aloxamento nos dous pobos”, engade García López.

A presencia de peregrinos do Camiño de Santiago está recuperando ritmos anteriores á pandemia e prevese que durante este verán a afluencia de camiñantes volva ser masiva. Nos concellos de Arzúa e O Pino empezaron a recibir chamadas de grupos organizados solicitando durmir nos polideportivos municipais.

“Non imos abrir os pavillóns ata última hora da tarde e, sempre, despois de confirmar que xa non hai prazas libres nos moitos albergues, hoteis ou hostais, tanto públicos coma privados, que traballan nos nosos municipios”, afirma con rotundidade Manuel Taboada.

Pola normativa de Turismo, os concellos non poden cobrar por durmir nos polideportivos. “Se nós facilitamos estes aloxamentos estariamos facendo competencia desleal ao sector privado”, engade José Luis García, quen recorda que hai anos a Secretaría Xeral de Turismo xa ten sancionado ao Concello de Arzúa, atendendo ás denuncias de hostaleiros.

Por este motivo, os dous alcaldes recórdanlles aos responsables de grupos organizados, e aos  camiñantes en xeral, que deben contactar cos albergues públicos e cos diferentes aloxamentos privados para reservar prazas. “Nós nos imos abrir os polideportivos ata que todas as prazas estean esgotadas. Cando sexa necesario, e sempre en días puntuais e cando non haxa camas libres, poderemos permitir durmir nos pavillóns. Pero non os abriremos ata última hora da tarde”, engaden Manuel Taboada e José Luis García.

Os dous alcaldes esperan que dende a Mancomunidade de Concellos do Camiños Francés propoñan aplicar esta mesma medida en todos os concellos galegos polos que pasa o Camiño, para “evitar confusións e malos entendidos cos peregrinos, camiñen sós ou en grupos organizados, e que en toda Galicia se aplique unha medida uniforme”, engaden os rexedores de Arzúa e do Pino.

Manuel Taboada e José Luis García son conscientes de que tanto Arzúa como O Pino son os municipios polos que pasan máis peregrinos, ao estar nas últimas etapas do Camiño Francés, e, polo tanto, os que sofren en maior medida este problema. “Non imos facerlle competencia desleal ao establecementos dos nosos municipios. Esta medida xa a tomamos os últimos anos antes da pandemia e ímola seguir aplicando este ano”, conclúen.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino presenta os proxectos para residencia e centro de día de maiores por 2,7 millóns de euros
Pino-Aventura, unha proposta para fomentar o xogo en equipo, o exercicio e a agudeza mental »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego