O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino destinará 365.000 € do POS a obras e gasto corrente e 83.000 € para servizos sociais

O Pino destinará 365.000 € do POS a obras e gasto corrente e 83.000 € para servizos sociais

Novas

10-02-2022
10 Feb

A partida do POS+ Adicional repártese en 53.000 € para o servizo de axuda a domicilio, 27.000 € para reforzo de persoal e 3.000 € para emerxencia social ||

A Corporación aproba tamén por unanimidade as obras do Plan Complementario, que ascenden a 437.000 euros ||

Dos 365.000 euros do POS+ destinaranse 127.000 a obras de mellora da seguridade viaria, do cemiterio de Arca á rúa Codesal e da N-547 a San Antón ||

 

O Pleno do Concello do Pino aprobou esta mañá por unanimidade incluír no Plan único de concellos POS+ 2022 as obras de mellora da seguridade viaria do cemiterio de Arca á rúa Codesal e da N-547 a San Antón, por un importe total de 126.943 euros. Os outros 237.876 euros do POS+ 2022 destinaranse a gastos correntes. Na partida de servizos sociais inclúense 83.000 €, mentres que no Plan Complementario se contemplan 436.766 € para obras.

A partida de investimentos do Plan único de concellos repártese en dúas obras de mellora viaria. A primeira delas, entre o cemiterio de Arca e a rúa Codesal, servirá para enlazar dúas sendas xa existentes: a do cemiterio e a da rúa da Casilla, de xeito que formen un anel continuo. A Deputación destinará 59.298 euros e o Concello de O Pino achegará 3.141 euros. No segundo caso, correspondente á mellora da seguridade viaria da N-547 a San Antón, o organismo provincial investirá 59.298 € e o Concello 5.205 €. Consiste na mellora da plataforma da estrada e na construción dunha senda peonil pola marxe dereita que “beneficiará a seguridade dos peregrinos que se incorporan ao Camiño de Santiago neste punto como inicio de etapa”, segundo explicou o alcalde do Pino, Manuel Taboada.

A Corporación aprobou tamén por unanimidade as obras que figuran no Plan Complementario 2022, que ascenden a un total de 436.766 euros. Neste apartado inclúese a mellora da seguridade viaria de San Antón ao campo de fútbol de Reboredo (190.294 €), coa construción dunha senda peonil pola marxe dereita ata o colexio. Na parroquia de Medín, habilitaranse beirarrúas na entrada da Torre ata a Igrexa e rematarase o acondicionamento do campo da festa, mellorando a capa do piso xa pavimentado e executando a parte que aínda non o está (119.674 €). O módulo exterior de atletismo e a mellora do acceso ao campo de fútbol de Vilaboa ten asignado un orzamento de 85.154 €. Por último, 41.642 € destinaranse á reparación da pista que vai do punto limpo ao paso superior da autovía pasando pola aldea de Pazos.

Outro dos puntos debatidos na sesión plenaria de hoxe foi a distribución dos 83.256 euros do POS+ Adicional para financiamento de gastos sociais extraordinarios. A proposta da alcaldía, que foi aprobada por unanimidade, contempla destinar 53.418 € a ampliar o servizo de axuda a domicilio; 26.838 € a reforzar o persoal adscrito aos servizos sociais municipais; e 3.000€ para axudas de emerxencia ás persoas ou familias en risco de exclusión social.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Xa poden solicitarse as axudas á rehabilitación de vivenda no Camiño de Santiago
Alumnado da unitaria de Gonzar celebran o día de Rosalía cun xogo de pistas sobre a súa vida »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego