O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / As axudas para o sector da hostalaría e restauración pódense solicitar ata o 22 de marzo

As axudas para o sector da hostalaría e restauración pódense solicitar ata o 22 de marzo

Novas

02-03-2021
2 Mar
  • O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe as bases da convocatoria  ||  

  • As persoas interesadas deberán presentar na sede electrónica do Concello, en 20 días, tanto a solicitude como a relación de gastos subvencionables  ||  

  • Pode beneficiarse quen tivera aberto o negocio durante o ano pasado  ||   

  • Os importes ascenden a 600, 1.000 e 1.500 euros segundo o número de persoas que traballen no negocio  ||  

  • Admítense gastos de aluguer, subministracións, seguros, cotas da Seguridade Social, nóminas dos traballadores e hipotecas  ||  

Os propietarios de establecementos de hostalaría e restauración do municipio do Pino teñen ata o día 22 de marzo (incluído) para solicitar as axudas que aprobou a Xunta de Goberno Local por un montante global de 90.000 euros. O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe as bases da convocatoria. Para axilizar os trámites de concesión, as persoas interesadas deberán presentar, xunto coa solicitude, xa a relación de gastos subvencionables que figura no Anexo I da convocatoria e que se pode descargar no arquivo adxunto.

A Xunta de Goberno Local do Concello do Pino aprobou na súa reunión do 16 de febreiro esta nova liña de axudas para o sector da hostalaría e da restauración do municipio. Poderán solicitalas os donos dos negocios que estiveron abertos durante o ano 2020. As peticións deberán tramitarse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello do Pino (preme aquí).

Unha vez publicadas as bases no BOP, as persoas interesadas teñen de prazo 20 días naturais para presentar a solicitude (ata o 22 de marzo). Para axilizar a tramitación destas achegas, xunto coa solicitude debe presentarse xa a xustificación de gastos. O Concello terá despois 30 días naturais para resolver as axudas.

O importe das axudas variará en función do número de empregados de cada local. En todos os casos, á hora de computar o número de persoas empregadas terase en conta sempre ao dono ou xerente do negocio, aínda que estea dado de alta no réxime de autónomos.

Os negocios que conten con ata 5 empregados (incluído o dono ou xerente) recibirán ata 600 euros de axuda. Os que teñan entre 6 e 10 persoas empregadas, recibirán 1.000 euros, e os que conten con máis de 11 asalariados, ata 1.500 euros.

A esta convocatoria poderán presentarse as persoas físicas, xurídicas ou sociedades civís que teñan a sede da súa actividade no Pino e que mantiveran o negocio en funcionamento entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020 (non se terán en conta os períodos de peche decretado polas autoridades competentes).

Nesta convocatoria son subvencionables os gastos de aluguer, subministracións (luz, auga, gas), seguros de responsabilidade civil, cota de autónomos e seguros sociais, nóminas do persoal contratado e xuros de hipotecas.

As persoas solicitantes presentarán unha declaración responsable na que deberán facer constar que a 1 de xaneiro de 2020 estaban dados de alta no RETA (Réxime de Traballadores Autónomos) e que seguen dados de alta cando se publiquen as bases do BOP, e tamén especificarán a relación de gastos subvencionables, así como as nóminas e recibo de liquidación de cotizacións cando se queiran xustificar gastos de persoal.

A continuación adxúntanse as bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e tamén, co obxecto de facilitar a tramitación das axudas, os formularios e anexos que hai que presentar a través da sede electrónica.

Icon

BOP coas bases das axudas á hostalaría e restauración

1 file(s) 370.66 KB
Download
Icon

Anexo I: solicitude axudas para o sector da hostalaría e restauración

1 file(s) 1.13 MB
Download
Icon

Anexo II axudas para o sector da hostalaría e restauración

1 file(s) 212.05 KB
Download
Icon

Anexo III axudas para o sector da hostalaría e restauración

1 file(s) 224.23 KB
Download
Icon

Bases axudas para o sector da hostalaría e restauración

1 file(s) 192.92 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Anuncio: Trámites administrativos a través da Sede Electrónica
Concello e Apaca animan a veciñanza do Pino a poñer microchip e esterilizar cans e gatos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego