O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Do 12 ao 25 de abril as asociación e entidades sen ánimo de lucro poden solicitar as subvencións municipais que otorga o Concello

Do 12 ao 25 de abril as asociación e entidades sen ánimo de lucro poden solicitar as subvencións municipais que otorga o Concello

Novas

11-04-2023
11 Abr

11-4-2023

O Boletín Oficial da Provincia publica na súa edición de hoxe o anuncio do extracto da convocatoria para a concesión de subvencións municipais destinadas a asociación e entidades sen ánimo de lucro do Concello do O Pino para o presente exercicio 2023.

A solicitude presentarase na sede electrónica do Concello (preme aquí) no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOP; isto é dende mañá mércores 12 de abril e ata o martes 25 de abril.

A convocatoria vai dirixida ás entidades veciñais, culturais, deportivas e do patrimonio histórico, co obxecto de promover e apoiar estas entidades como ferramentas activadoras e catalizadoras da participación cidadá.  O Concello do Pino destina a estas axudas un total de 45.220 €

Aquelas entidades que resulten beneficiadas con algunha destas axudas terán de prazo para  presentar a xustificación do gasto ata o 1 de decembro deste ano.

Nos arquivos adxuntos podes consultar o extracto no BOP da convocatoria e as bases da mesma. Tamén se achegan os anexos cos impresos necesarios para solicitar as axudas e para xustificar a subvención unha vez concedida.

Icon

Anuncio extracto no BOP da convocatoria de subvencións para asociacións

1 file(s) 127.73 KB
Download
Icon

Anuncio no BOP das bases da convocatoria de subvencións municipais para asociacións

1 file(s) 182.36 KB
Download
Icon

Anexo I. Solicitude

1 file(s) 83.85 KB
Download
Icon

Anexo II. Memoria Actividade

1 file(s) 81.29 KB
Download
Icon

Anexo III. Conta Bancaria

1 file(s) 81.36 KB
Download
Icon

Anexo IV. Declaración obrigas tributarias

1 file(s) 81.91 KB
Download
Icon

Anexo V. Declaración responsable

1 file(s) 81.83 KB
Download
Icon

Anexo VI. Declaración de axudas

1 file(s) 82.42 KB
Download
Icon

Anexo VII. Modelo conta xustificativa

1 file(s) 84.15 KB
Download
Icon

Modelo declaración compromisos da entidade

1 file(s) 103.50 KB
Download
Icon

Modelo de orzamento de gastos e ingresos

1 file(s) 86.93 KB
Download

 

4-4-2023

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica na súa edición de hoxe, martes 4 de abril, o anuncio da aprobación das bases da convocatoria de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do Concello do Pino para o presente exercicio 2023. A convocatoria diríxese ás entidades veciñais, culturais, deportivas e do patrimonio histórico do Pino, co obxecto de promover e apoiar estas entidades como ferramentas activadoras e catalizadoras da participación cidadá. O Concello do Pino destina a estas axudas un total de 45.220 € de fondos propios.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 día hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOP.

O procedemento de concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Antes da resolución definitiva, publicarase a listaxe provisional das axudas concedidas e outorgarase un prazo de cinco días naturais para que as asociacións e entidades sen ánimo de lucro poidan presentar as alegacións que estimen oportunas.

O prazo de xustificación da subvención será  1 de decembro  deste ano para todas aquelas entidades que resulten finalmente beneficiadas con algunha destas axudas.

O anuncio da convocatoria, así como as bases da mesma  e os anexos pódense consultar no arquivo adxuntos.

Icon

Anuncio no BOP das bases da convocatoria de subvencións municipais para asociacións

1 file(s) 182.36 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As listas do censo electoral poderán consultarse no Concello entre o 10 e o 17 de abril
Ábrense as inscricións para ir ao balneario de Cuntis co programa Vai de auga »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego