Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino destina 410.000 euros do POS+ para obras e reserva 386.000 para gasto corrente

Novas

04/02/2026
4 Feb

Vanse executar catro proxectos para mellorar estradas municipais en varias parroquias  ||  

No Plan complementario inclúese o reforzo do firme na saída da autovía de Salceda a Boavista cun orzamento de 97.788 euros  ||  

Aprobado o convenio con Touro e Boimorto para solicitarlle á Xunta un obradoiro dual de emprego para formar 20 alumnos en actividades auxiliares en conservación e mellora e montes  ||  

O Pleno do Concello do Pino acordou destinar 410.281,67 euros executar obras dos 797.118,85 euros que lle corresponden do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) POS+ 2026. Os 386.837,09 euros restantes quedan para financiar gastos correntes. Na sesión tamén se aprobou o Plan complementario, cun orzamento de 97.788,57 euros, e a sinatura dun convenio con Touro e Boimorto para solicitarlle unha axuda á Xunta para o obradoiro dual de emprego Touro-Boimorto-O Pino coa finalidade de formar a 20 persoas en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Os dous puntos foron aprobados por unanimidade.

O Pino financiará este ano catro proxectos de obras co POS+ 2026 da Deputación da Coruña, cun orzamento global de 410.281,76 euros, segundo se aprobou no pleno extraordinario celebrado este 4 de febreiro.

Un total de 109.646,11 euros vanse destinar a mellorar diferentes estradas con tratamento asfáltico. Na relación figura a mellor en case dous quilómetros do viario de Rourís a Oza por Castro; outro quilómetro e medio na de Vilar a Aquela Vila; uns 600 metros de Margaride a Frechazo Último, e outros 270 metros da Ponte a San Mamede. En todas estas zonas tamén se contempla a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para facilitar o drenaxe.

Cun orzamento de 143.178,60 euros vaise botar unha capa de aglomerado en quente para reforzar do firme do viario de Pumar a Vilarmeao, en dous treitos que suman 2 km.

O terceiro proxecto ten un orzamento de 104.103,08 euros e vai permitir mellorar a capa de rodaxe do viario que vai de Quintáns a Carolliño en varios tramos de 1,8 km en total, nos que se botará unha capa de tratamento asfáltico. Tamén se van mellorar 800 metros da estrada de Gonzar a San Andrés e outro quilómetro na de Vilar a Gonzar. Este proxecto inclúe as mesmas actuacións nos viarios de Porto a Porta de Roxos e outro en Pazos de Arriba.

O Concello reserva 53.353,97 euros para mellorar a sinalización nas principais rúas do Pedrouzo, nas que está previsto repintar as marcas viarias e a colocación de sinais verticais na parada do autobús, pasos de peóns e para regular o estacionamento.

No Plan complementario, o Pino inclúe o proxecto para reforzar o firme da estrada da saída da autovía na Salceda ata Boavista que ten un orzamento de 97.788,57 euros.

Tamén quedou ratificado o POS+ adicional 3/2026 para a redución da débeda dos concellos coa Deputación da Coruña pola utilización de préstamo provincial nos plans de 2015 a 2023 e para o gasto corrente. Nesta partida, O Pino deixa asignados 140.668,03 euros.

Obradoiro dual de emprego

Na sesión desta mañá, os concelleiros tamén aprobaron o convenio entre os concellos do Pino, Touro e Boimorto para solicitarlle á Xunta unha subvención que lles permita poñer en marcha o Obradoiro dual de emprego Touro-Boimorto-O Pino e formar a 20 persoas durante 9 meses en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

O concello promotor do obradoiro e titular da subvención será o de Touro, que tramitará e xestionará a solicitude diante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. No convenio, os tres concellos comprométense financiar a partes iguais e con fondos propios o gasto non subvencionado deste obradoiro.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Camiña e Descubre 2026: formulario de inscrición e folla de pagamento

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés