O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino destina 278.000 € do POS+ a melloras viarias en Gonzar e 284.000 a gasto corrente

O Pino destina 278.000 € do POS+ a melloras viarias en Gonzar e 284.000 a gasto corrente

Novas

09-02-2023
9 Feb

Construirá a senda do río Mera ata Rabal de Abaixo e outra en Rabal de Arriba, ademais de mellorar a pista de Rabal ata A Tarroeira  ||  

Para gasto social extraordinario reserva 83.000 euros  ||  

O Concello iniciará de novo a licitación do Servizo de Axuda no Fogar, que inclúe unha previsión de incremento do IPC do 5%  ||  

Minuto de silencio en repulsa polo último crime machista que acabou en Baiona coa vida de Beatriz Lijó  ||  

A Corporación do Pino comezou o mércores o pleno extraordinario gardando un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista cometido en Baiona, que causou a morte a Beatriz Lijó. Na sesión aprobáronse as obras a incluír no POS e tamén iniciar o novo proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar.

A proposta para incluír no Plan único de concellos da Deputación, POS+ 2023 dúas sendas peonís en Gonzar, por un importe de 164.427,23 euros, foi aprobada cos votos a favor do PP e BNG e a abstención do PSdeG. A proposta inclúe a senda peonil dende a praia fluvial do río Mera ata Rabal de Abaixo e outra senda en Rabal de Arriba.

No POS+ 2023, o goberno municipal reserva para gasto corrente 284.648,83, para completar os 449.076 euros asignados ao Concello do Pino

O PSdeG criticou no debate deste punto a partida reservada a gasto corrente e que o PP se dedique a facer sendas peonís, “cando temos moita carencia de servizos”.

O alcalde, Manuel Taboada, respondeulle que con estas obras “dámoslle cobertura á demanda dos veciños, cos que nos comprometemos a chegar coa senda ata o río Mera. Nós cumprimos a nosa palabra”. Respecto á partida para gasto corrente, Taboada dixo que se estaba cumprindo coa legalidade, ademais de seguir as recomendacións da Deputación, que incentiva que se dedique o POS a gasto corrente (pago de facturas), para liberar fondos municipais para executar obras con maior axilidade. Respecto dos servizos, Taboada asegurou que O Pino é un dos poucos concellos de Galicia que ten traída de auga potable en todas as casas, e que coa nova depuradora de Arca se van solventar moitas carencias.

No plan adicional, o PP inclúe o acondicionamento da pista entre Rabal e A Tarroeira, cun investimento de 113.376 euros.

A proposta foi aprobada cos votos a favor de PP e BNG, e a abstención do PSdeG.

Por unanimidade aprobouse o POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios, en base ao informe que fixo a traballadora social. O Pino destinará a este apartado 83.022,58 euros, que se distribúen en 28.371 euros para reforzo e ampliación de persoal técnico e administrativo de servizos sociais, 5.000 para axudas de emerxencias ás persoas soas ou familias en risco de exclusión social, 45.000 para cubrir a parte da achega municipal ao servizo de axuda a domicilio e 4.651 euros para axudas económicas para gastos de consumo enerxético a persoas vulnerables.

Neste punto o alcalde explicou que a traballadora social considera que con estas partidas se cobren as necesidades das familias do Pino.

A Corporación do Pino garda un minuto de silencio polo asesinato de Beatriz Lijo, vítima da violencia machista

Desistimento e nova licitación do SAF

O Pleno, tamén por unanimidade, aprobou suspender a primeira licitación do Servizo de Axuda no Fogar, unha vez que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TCGAL) aceptou o recurso presentado pola Asociación Galega de Empresas de Axuda no Fogar (AGESAF) contra o prego dos proceso que xa estaba en marcha.

Manuel Taboada dixo no Pleno que unha vez recibida a resolución do TCGAL, o presidente do tribunal aclaroulle que tras as últimas sentencias (que foran favorables aos concellos de Coristanco e Vimianzo por recursos similares) houbera unha reunión entre o TCGAL, AGESAF e os sindicatos na que se acordou que todos os pregos de licitación do SAF deberían incluír unha previsión de incremento do IPC (aínda que non se chegou a establecer unha cantidade determinada). Este acordo non lle foi notificado aos concellos nin publicado no portal do tribunal, por un fallo técnico na páxina web.

Por este motivo, o grupo de goberno propoñía anular o proceso de licitación aberto, ao que se presentaran dez empresas, e iniciar un novo procedemento. O desistimento na actual licitación foi aprobada por unanimidade do Pleno.

Acto seguido, debateuse a nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar, que mantén os mesmos pregos que o anterior e inclúe unha previsión de incremento do IPC dun 5%, que se distribúe nun 3,5% para recursos humanos e un 1,5% para recursos materiais.

O grupo socialista decidiu absterse neste punto, argumentando que prefiren a municipalización do servizo, ademais de reclamar mellores condicións para o persoal que presta o servizo, maioritariamente mulleres.

Manuel Taboada respondeulle que no Pino non hai ningún conflito laboral  no Servizo de Axuda no Fogar nin queixas das traballadoras, posiblemente “porque o prezo hora que se establecen nos pregos está máis dun euro por encima do que establece o convenio. Por iso se presentaron dez empresas no proceso anterior”, dixo o alcalde.

Agora o Concello volverá a iniciar de novo o proceso de licitación, tras incluír nos pregos unha previsión de incremento do IPC do 5%.

Manuel Taboada aclarou que a pesar deste proceso administrativo de licitación, o Servizo de Axuda no Fogar seguirase prestando no Pino con total normalidade

O novo proceso de licitación foi aprobado cos votos a favor de PP e BNG (7) e a abstención do PSdeG (3).

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O concurso de Entroido do Pino repartirá 1.875 euros en premios o domingo 19 de febreiro
‘Manolo e Maruxa’ levan o premio ao disfrace máis orixinal no concurso de Entroido do Pino »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés